O Concello de Redondela presenta as diferentes actividades que se van a realizar no Samaín. Vanse realizar actividades para diferentes públicos, comenzarán ó 29 de outubro co obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín” que se desenvolveran no Multuisos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiusos da Xunqueira en Redondela de 17:00 a 19:30 horas.
Ademais os días 29 e 30 de outubro, coa colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela, vivirase o Samaín para as cativas e cativos, agasallando con caramelos nos distintos establecementos do Concello de Redondela.
O Concello busca así potenciar unha tradición moi arraigada en Galicia e fomentar o pequeno comercio con actuación concretas nos distintos casos urbanos tanto en Chapela como en Redondela. Actividade promovida pola área de Promoción económica e comercio.
Pola área de Xuventude, organízase o 30 de outubro unha xincana infantil ambientada e caracterizada coa temática do Samaín, que comezará ás 18:30 horas na Praza do Concello, con inscrición previa no enderezo electrónico [email protected] e no teléfono 986 401 713
Pola área de Patrimonio e Turismo organizase as noites do 30 e 31 de outubro, ruta polos Petróglifos da Pedreira en San Martiño de Ventosela, actividade para toda a familia, para inscrición e información será no telefono 600 381 782.
E por primeira vez na noite do 31 farase unha visita teatralizada na noite de defuntos, coa finalidade vivir as lendas, supersticións e crenzas da vila nas rúas de Redondela e rematando no cemiterio de Eidos, esta actividade é so para adultos e poderanse inscribir no enderezo electrónico [email protected] e no teléfono 986 401 713.