12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Campo de Fútbol de Chapela pasa a ser propiedade do Concello...

    O Campo de Fútbol de Chapela pasa a ser propiedade do Concello de Redondela

    A alcaldesa, Digna Rivas, vén de asinar un documento de compromiso coa entidade Chapela C. F. para garantir o mantemento e uso gratuito das instalacións do Campo de Fútbol de Chapela por parte dos máis de 200 socios que ten o club repartidos en equipos de tódalas categorías.

    Segundo Rivas a intención é “cumprir co compromiso que tiña este goberno cos deportistas redondeláns. A nosa intención é garantir unha mellora das instalacións á vez que ceder o uso do espazo de forma gratuita para o goce dos veciños e veciñas de Chapela e das parroquias próximas”.

    A Comunidade de Montes de Chapela, onde se ubica o campo, acordou a cesión gratuita dos terrenos, requisito indispensable para a execución das obras de mantemento. O Concello de Redondela investirá 300.000 no proxecto de mellora do campo de fútbol, comezando pola substitución do céspede artificial por un novo, xa que este atópase en moi malas condicións. A rexidora explicaba que “O Chapela C. F. levaba dous anos reivindicando axudas e melloras para o campo, pero non podiamos actuar ata ter a cesión dos terreos. Agora que son da nosa propiedade investiremos o que sexa necesario para aumentar a calidade da experiencia da veciñanza”.

    A rexidora local asinou o documento xunto co representante do club José Benito Hermida González, no que acordou permitir gratuitamente á entidade Chapela C.F o uso das instalacións emprazadas nas parcelas cedidas pola  Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chapela. Entre as instalacións cóntase o almacén, as oficinas, o ximnasio, ou os vestiarios. Ademais, O Chapela C.F terá prioridade nos horarios de entrenamentos, torneos e partidos para todas as súas categorías, non puidendo compartir ó mesmo tempo o campo con ningún outro club de fútbol.

    Neste campo celébranse torneos anuais de gran importancia, para os que veñen clubs de distintos municipios. A súa adquisición é moi significativa para o concello e a alcaldesa non se olvida de agradecer “á Comunidade de Montes de Chapela a cesión dos terreos, o traballo e tempo invertido en facer posible que este concello dispoña do seu terceiro campo de fútbol público, xunto co Campo do Choco e o Campo de A Gándara (O Viso)”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS