14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaAberto o prazo de presentación de fotografías do certame do Obradoiro Fernando...

    Aberto o prazo de presentación de fotografías do certame do Obradoiro Fernando Monroy

    Nesta edición repartirase un total de 650 euros en premios

    O Obradoiro Fernando Monroy continúa coa súa actividade habitual e procedeu á apertura do prazo de presentación de fotografías para o seu certame anual, que nesta edición repartirá un total de 650 euros en premios. A directiva mantén os principios básicos desta actividade e volverá a presentar varios premios. Deste xeito, haberá unha instantánea gañadora que levará 200 euros. Despois hai dúas categorías: a de adultos con tres premios (150, 100 e 75 euros) e a de xuvenís con dous (75 e 50 euros). Recordamos que están considerados xuvenís os menores de 16 anos.

    A temática é libre pero é preciso indicar onde se realizou cada unha das fotos. Deberán ser presentadas en formato impreso como se recolle nas bases (dispoñibles do Facebook @ObradoiroFernandoMonroy) e tamén enviadas en formato dixital ó correo do colectivo (obradoiro@estudoslocais.org). O lugar físico para presentar a obra é o Círculo Cultural de Cesantes. Pode levarse en persoa ou enviarse por correo ordinario.

    O prazo límite é o vindeiro mércores 3 de novembro e o longo dese mes o xurado dará a coñecer ós gañadores do certame. É preciso recordar que, ademais de optar ós premios, as fotografías presentadas serán despois expostas en diversos centros culturais de Redondela. A colección correspondente ó concurso de 2020 xa pasou polo Círculo Cultural de Cesantes, o Multiusos de Redondela, o de Chapela, o Centro Cultural de Cedera e a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda. Desde xeito, o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy fai un importante traballo para divulgar a obra de todos os participantes para poñer en valor o seu esforzo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.