5.8 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaA veciñanza de Redondela reclama novas pistas de atletismo

    A veciñanza de Redondela reclama novas pistas de atletismo

    O grupo de traballo formado por pais e a directiva da Asociación Deportiva CAR reclaman unha mellora urxente das pistas de atletismo da vila.

    O colectivo asegura que, ante a pasividade mostrada por parte dos dirixentes do Concello de Redondela, teñen que tomar novas medidas e mobilizacións xa que, unha vez pasadas as eleccións, todas as promesas realizadas polo goberno local han quedado no esquecemento.

    Despois de máis dun ano de reunións, a día de hoxe todo está en punto morto e non hai ningún tipo de avance.

    As condicións na que están a adestrar os atletas son inaceptables, tendo que realizar os adestramentos na alameda Castelao porque as instalacións facilitadas pola Concello non son aptas para esta disciplina deportiva.

    Ante esta situación tentaranse reunir con outras administracións en busca de solucións e axuda.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.