17.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis

    Tag: praza de bugallal

    A actuación no cruceiro da Praza de Bugallal conta con autorización de Patrimonio

    O Concello de Ponteareas aclara categoricamente que a actuación no cruceiro da Praza de Bugallal conta coa autorización de Patrimonio.

    A complexidade técnica da fabricación e colocación dos bancos xardineiras da Praza de Bugallal retrasan a súa finalización

    A complexidade técnica do deseño, da fabricación e da colocación dos bancos xardineiras da Praza de Bugallal son a causa do retraso na execución da obra de remodelación da contorna, segundo o avala e xustifica nun informe a arquitecta directora da obra, que forma parte do estudo de arquitectura que redactou no seu día o proxecto.

    A Praza de Bugallal entra na derradeira fase das obras coa instalación de xardineiras, bancos e arborado

    As obras da nova Praza de Bugallal entraron hoxe na súa derradeira fase co inicio da colocación de dezaoito xardineiras de grandes dimensións fabricadas en granito. Estes elementos de mobiliario urbano, de importante complexidade xeométrica, foron deseñados de xeito personalizado e estanse a executar un a un nun laborioso proceso de fabricación industrial rematado artesanalmente.

    O peche por obras da Praza de Bugallal obriga a reordenar a circulación e accesos en once rúas a partires de mañá

    O Concello de Ponteareas anunciou o peche ao tráfico da Praza de Bugallal a partires de mañá martes 16 de marzo como consecuencia das obras de humanización. Na Praza de Bugallal conflúen un total de sete rúas (Morales Hidalgo, Senén Canido, Enrique Rodríguez Troncoso, Constitución, Vidales Tomé, Oriente e Esperanza), que xunto a outras catro máis (Reveriano Soutullo, Concha Brey, Virxe dos Remedios e Rogelio Groba), verán reordenado o acceso e circulación en vehículos a motor para adaptarse a esta nova situación.

    Ampliado o contrato das obras da Praza de Bugallal para retirar as tubarías con amianto

    O Goberno Municipal de Ponteareas ampliou o contrato das obras de humanización da Praza de Bugallal para incluir a retirada de tubaxes de fibrocemento con amianto que apareceron ao iniciarse os traballos no mes de novembro.

    A aparición de tubaxes con amianto condiciona momentaneamente as obras da Praza de Bugallal

    O Concello de Ponteareas informou da aparición na Praza de Bugallal de tubaxes soterrados de fibrocemento con amianto, destinadas ao abastecemento de auga. Segundo o goberno local trátase de conducións antigas que, a diferenza doutras tamén existentes na mesma praza, nunca foron renovadas e cuxa existencia non constaba no Concello.

    O luns inícianse as obras de humanización da Praza de Bugallal de Ponteareas

    Este luns día 26 darán comezo as obras de humanización da Praza de Bugallal, cuxo prazo de execución está establecido en cinco meses e nas que se investirán máis de 600.000 euros. Os traballos que se van executar afectan ao centro neurálxico de Ponteareas e inciden directa ou indirectamente nos residentes e comercios de nove rúas do casco urbano. Tamén afecta a servizos públicos como o de taxis, recollida de lixo ou emerxencias e a actividades como os servizos relixiosos da igrexa católica ou a venda ambulante que deberá ser novamente recolocada noutras zonas da vila.

    Ponteareas adxudica as obras de humanización da Praza de Bugallal que triplicará a súa superficie

    O Concello de Ponteareas vén de adxudicar as obras de humanización da Praza de Bugallal por un importe de 605.338,28 euros, nunha actuación está financiada ao 80 % con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia 'Ponteareas, Hábitat Saudábel' mentres o Concello achega dos seus propios fondos o 20 % restante. Ao concurso público presentáronse un total de doce empresas.

    Ponteareas licita as obras de intervención na Praza Bugallal

    O goberno do BNG-PSOE informou da apertura do prazo de licitación das obras de intervención na Praza Bugallal e contorna. Unha actuación que se enmarca na estratexia 'Ponteareas Hábitat Saudable' que ten como finalidade transformar a vila pensando nas persoas, especialmente na xente maior, nas nenas e nos nenos e nas persoas con mobilidade reducida.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS