21.2 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareas«O narcotráfico en Galicia» abre un novo ciclo de charlas no Centro...

    «O narcotráfico en Galicia» abre un novo ciclo de charlas no Centro Cultural de Xinzo

    O ciclo de charlas «O saber non ocupa lugar» inicia unha nova tempada cunha charla na que se contará coa presenza de Carmen Avendaño, Julio César Díaz e Víctor Pedreira

    O Centro Cultural de Xinzo abre o sábado 5 de outubro ás 21 horas, unha nova tempada do ciclo «O saber non ocupa lugar» e o fai cun tema candente como é «O narcotráfico en Galicia e consecuencias do consumo de drogas», unha charla para a que se contará con tres nomes de enorme prestixio como Carmen Avendaño, Julio César Díaz e Víctor Pedreira.

    Carmen Avendaño Otero, presidenta da fundación Érguete, é de sobra coñecida pola súa participación activa en todo o que teña que ver coa loira contra o narcotráfico. Xunto a ela, na palestra, estarán Julio César Díaz Casales, xuíz de primeira instancia e maxistrado do Contencioso-Administrativo e Víctor Pedreira Crespo, médico especialista en Psiquiatría e ex xefe do servizo de Psiquiatría do CHOP.

    Entre os tres ofrecerán unha visión, dende perspectivas distintas, do problema que o narcotráfico e o consumo de drogas supoñen para a sociedade. Unha charla ben interesante e unha extraordinaria iniciativa, unha vez máis, da directiva do Centro Cultural de Xinzo que busca, con estes ciclos, achegar á veciñanza diversos e variados temas de interese.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS