21.2 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasMiguel Rodríguez e Isabel Castro levan a Ponteareas a medalla de ouro...

    Miguel Rodríguez e Isabel Castro levan a Ponteareas a medalla de ouro do Campionato de España de Ciclocrós

    O concelleiro de deportes en funcións do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, vén de trasladarlle os parabéns do Goberno local ás e aos ciclistas ponteareáns que na tarde de onte venres disputaron o Campionato de España de Ciclocrós en Torrelavega e no que, Miguel Rodríguez proclamábase campión de España na categoría Junior Masculina e Isabel Castro facía o propio na Máster50 Feminina. Mentres, Uxía Soto acadaba o bronce na categoría Cadete Feminina.

    O corredor do Club Ciclista Ponteareas e integrante da selección de Galicia, Miguel Rodríguez Novoa, logrou proclamarse campión de España na categoría júnior masculina, con 14 segundos de marxe sobre o seu perseguidor tras un intenso duelo. Mentres, na categoría Máster50 feminina, Isabel Castro amosaba un claro dominio e proclamábase campiona de España tras liderar a proba en solitario e chegar a meta con máis de seis minutos de vantaxe sobre a segunda clasificada.

    A ponteareá Uxía Soto logrou a medalla de bronce na categoría cadete feminina, na que tamén participou Vania Gregores, ambas como integrantes da Selección de Galicia. Na categoría cadete masculina participou Xano Gil, do Club Ciclista Ponteareas.

    Miguel Bouzó sinalou o “orgullo que supón para Ponteareas que o nome da nosa localidade estea vinculado ao longo dos anos a tantos éxitos deportivos, continuando unha tradición que nos mantén como un referente no ciclismo e no conxunto do ámbito deportivo”.

    Asi mesmo, Bouzó lembrou que este domingo, Ponteareas volverá estar representada no Campionato de España a través de Borja Gómez, que disputará a categoría sub23 masculina. “A súa participación neste campionato xa é un éxito polo que supón para romper barreiras e facer visibles no deporte ás persoas con capacidades diferentes”, indicou.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.