11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondariz BalnearioA Xunta facilita que os veciños de Mondariz-Balneario teñan acceso a servizos...

    A Xunta facilita que os veciños de Mondariz-Balneario teñan acceso a servizos financeiros

    Ademais de dispoñer dun caixeiro no municipio, os veciños tamén poderán contar con servizos de asistencia financeira e de formación

    A Xunta de Galicia facilitará que toda a poboación galega teña acceso a servizos financeiros no seu concello, de modo que dispoñan dun caixeiro automático no seu municipio e poidan acceder tamén a servizos de asistencia financeira e de formación en banca electrónica. Entre os concellos beneficiados, encóntrase o de Mondariz-Balneario.

    A iniciativa consiste na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos nas dependencias municipais; a prestación dun servizo de asistencia financeira que permita, de xeito semellante a unha oficina bancaria convencional, solucionar de xeito presencial as dúbidas dos clientes; e a oferta de formación financeira e banca electrónica para adquirir nocións básicas e aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

    Para desenvolver estas actuacións, a Consellería de Facenda e Administración Pública vén de abrir un período de información pública para dar a coñecer as bases que rexerán as subvencións destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios no ámbito rural. A elas poderán optar aqueles concellos que voluntariamente se adhiran ao convenio de colaboración asinado entre este departamento e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a universalización de servizos financeiros.

    Con este convenio, a Xunta quere impulsar a colaboración das entidades financeiras que operan en Galicia para promover que toda a poboación galega, con independencia do seu  lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros e bancarios. Trátase de universalizar o acceso aos servizos bancarios e evitar así, a exclusión financeira.

    Neste sentido, a FEGAMP actuará como intermediaria entre a Administración galega e as entidades locais e trasladará a todos os concellos toda a información polo miúdo, para que aqueles que estean interesados se poidan adherir. Os concellos interesados unicamente deberán ceder os espazos necesarios para a instalación dos caixeiros e prestación dos servicios financeiros por parte das entidades bancarias.

    Concellos beneficiados

    Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) a 31 de decembro de 2019, un total de 42 concellos galegos –o 13% do total– carecen dunha entidade de crédito. A provincia máis afectada é a de Ourense, onde non teñen servizos financeiros 26 municipios que son os de Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Piñor, Punxín, Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Trasmiras, Taboadela, A Arnoia, Beade, Carballeda de Avia, Cenlle, Cortegada, Melón, A Bola, Pontedeva, Verea, Chandrexa de Queixa, Larouco, Petín, Castrelo do Val, Monterrei e Oímbra.

    O resto de concellos distribúense entre a provincia da Coruña, con dez municipios (Aranga, Coirós, Paderne, Vilarmaior, Vilasantar, Cabanas, Lousame, Dodro, Santiso e Toques); catro concellos na provincia de Lugo (Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Ribas de Sil e O Páramo); e dous municipios na de Pontevedra (Mondariz-Balneario e Dozón).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.