12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesVeciños da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique visitan As Neves

    Veciños da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique visitan As Neves

    Dende o pasado mércores día 17, 38 veciños da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique, en Francia, rexión que está irmandada as Neves, visitaron o noso concello e estiveron aloxados en casas particulares do mesmo.

    Este irmanamento, asinado nas Neves en 2003 e ratificado en Francia en 2004, ratifica o especial vencello entre o noso concello e o país galo, ao que emigraron numerosas veciños das Neves durante boa parte da segunda metade do século pasado e no que existen importantes comunidades de nevenses que teñen fillos e netos nacidos Francia.

    Os actos deste ano, organizados pola Asociación Cultural Amigos do Lura Atlántico Meridional, coa colaboración do Concello das Neves, a Deputación de Pontevedra e a Cámara Municipal de Melgaço, abrangueron numerosas actividades, que terán continuidade en 2024, cando veciños das Neves visiten Francia.

    Os participantes viaxaron ata Ribadavia, estiveron no Museo do Viño e coñeceron Ourense; tamén acudiron, acompañados polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, á vila portuguesa de Melgaço, onde foron recibidos, xunto coas familias nevenses de acollida, polo presidente da Cámara Municipal, Manoel Batista, e puideron coñecer o Museo da Fronteira e o Museo do Cinema. Pola noite, asistiron ao concerto do grupo Caldo, na Adega Viña Nora.

    Este sábado pasado, tivo lugar o acto oficial de saúdo, presidio polo alcalde, no Xardín do Miradoiro, nas Neves, que fora replantado no ano

    2019 grazas á doazón de 1.500 euros e 9 árbores da especie ‘gimko’, por parte da Asociación des amis d’Neves e os concellos de Legé, Touvois e Corcoué sur Logne.

    Xosé Manuel Rodríguez deulles a benvida, agradecue a súa amizade de todos estes anos, a súa atención e solidariedade durante os lumes que arrasaron As Neves durante 2017, a súa proximidade e simpatía  e lembrou a ás veciñas e veciños das Neves que fixeron a súa vida en Francia sen esquecer o seu lugar de orixe, ao que volven coas súas familias e onde, moitos, conservan as súas casas, todo o cal creou un lazo moi especial entre os dous territorios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.