Prestar atención a un problema social tan relevante como é a desigualdade entre homes e mulleres. Este será o obxectivo do novo Plan de Igualdade Municipal de As Neves, o primeiro que se realizará con metodoloxía participativa e que arranca cunha enquisa dirixida a toda a poboación.
A finalidade desta primeira parte do Plan é analizar, con impacto de xénero, a situación actual do Concello e para deseñar posteriormente as medidas que avancen en favor da igualdade.
O Plan será unha folla de ruta que planificará con medidas, indicadores e sistemas de avaliación a política de igualdade municipal durante os vindeiros catro anos.
A primeira fase na elaboración deste Plan de Igualdade arranca cun cuestionario dirixido a toda a cidadanía, homes e mulleres que viven en As Neves, para poder elaborar un diagnóstico da situación do pobo, coñecer a realidade de mulleres e homes, contar cunha visión detallada da poboación, así como da xestión das políticas públicas en materia de igualdade e violencia de xénero.
Desagregaranse as características da poboación municipal en función do sexo para poder observar, mediante a análise das fendas detectadas, as diferencias e desigualdades nas distintas variables. Ao mesmo tempo, detectaranse as limitacións na xestión do municipio que poidan estar a provocando ou perpetuando desigualdades.
O cuestionario tamén busca identificar os ámbitos que presentan as maiores limitacións e determinar as actuacións que garantan a igualdade en aspectos tales como o emprego, a agricultura, o uso do tempo, a educación ou os servizos de información e asesoramento.
O coñecemento da realidade obtense, entre outras vías, mediante a recollida de opinións e valoracións da veciñanza, que no caso de As Neves, será unha fonte primaria na obtención de información.
Ao cuestionario, cun total de 27 preguntas, poderán acceder tanto homes como mulleres a través das redes sociais e da páxina web municipal pero tratarase de difundir a través de Whatsapp. A intención é que tamén estea dispoñible en papel no centros de maiores, centros sociais, centro de saúde ou colexios, entre outros espazos públicos e privados.
O Concello pide a colaboración de asociacións, entidades, colectivos profesionais e a cidadanía en xeral para que axude na difusión en liña deste cuestionario e así poda ser respondido polo maior número posibles de veciños e veciñas.
Cos datos que se desprendan do cuestionario realizarase unha informe diagnóstico, acompañado de mais datos secundarios e con impacto de xénero, sobre a situación real do Concello. Trátase, en definitiva, de facer un documento que contribuía a guiar axeitadamente as políticas públicas municipais.