15 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: relixión

    Galicia Laica denuncia a vulneración de dereitos en materia de liberdade relixiosa durante o confinamento

    A Asociación Europa laica-Galicia laica vén de denunciar diante da Administración educativa o que consideran "unha nova vulneración dos dereitos fundamentais das familias en materia de liberdade relixiosa". Se no tempo da escola presencial a relixión invadía os espazos comúns con Beléns e Festivais de Nadal ornados con panxoliñas católicas –afirma a asociación– "no tempo do confinamento e do ensino virtual igualmente os contidos relixiosos invaden o espazo común".

    Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

    A parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo, no casco urbano de Salceda. A diocese de Tui-Vigo ven de adquirir dito baixo en cumprimento da palabra dada á familia que nos anos 90...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.