12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio...

    Salceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio de Zona Franca

    A alcaldesa, Loli Castiñeira; a concelleira de Urbanismo, Verónica Tourón; os técnicos municipais, e parte do equipo de goberno reuníronse esta mañá con David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, e o seu equipo técnico

    O Salón de Plenos de Salceda de Caselas acolleu esta mañá a xuntanza de traballo que tivo lugar entre o Concello e a Zona Franca de Vigo, coa intención de sacar adiante a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do Cerquido que contempla a calificación como chan industrial de 623.760 m2 dun total de 1.230.115 m2 de actuación.

    Hai que lembrar que as empresas alí instaladas teñen as súas naves en chan rústico, o cal lles impide ampliar ou reformar as mesmas. Ademais, o Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables do Ministerio de Medio Ambiente inclúe boa parte da área empresarial actual, problemas que se solucionarán coa aprobación da modificación. Por outra banda abriríase a posibilidade de que se instalasen alí novas empresas, coa consecuente creación de emprego que beneficiaría a Salceda e arredores.

    O Concello conseguirá ademais 12.475 m2 para equipamentos públicos, así como o 10 % da edificabilidade en chan industrial. En canto aos veciños e veciñas da zona do Cerquido, esta modificación garántelles a protección urbanística do núcleo de vivendas xa existente, deixando o núcleo perfectamente delimitado.

    David Regades púxose a disposición do equipo de goberno para poder sacar adiante o proxecto e abriu una vía de comunicación entre os equipos técnicos de ámbalas dúas institucións, mentres que pola súa banda, a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, agradecía “a boa disposición de Zona Franca e do seu delegado”, lembrando a enorme importancia que esta modificación ten para o Concello de Salceda, “e a oportunidade única de ordear a principal zona industrial de Salceda”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS