12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda recibe unha subvención para a realización do obradoiro dual de emprego...

    Salceda recibe unha subvención para a realización do obradoiro dual de emprego ‘Sustentable’ co Concello de Salvaterra

    O Concello de Salceda de Caselas, xunto co de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade de 346.986 euros para a realización do proxecto dun obradoiro dual de emprego denominado ‘Sustentable’.

    O obradoiro contará con dúas actuacións, unha na especialidade de Servizo de limpeza e xestión de residuos urbanos, no que se realizarán tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario en edificios e locais municipais, e outra actuación na especialidade de Forestal-xardinería, no que se porá en valor o parque forestal Monte Castelo, na parroquia de Pesqueiras, no Concello de Salvaterra.

    A formación consta de especialidades formativas de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais, de nivel 1, e de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, actividades auxiliares en xardíns e centros de xardinería e actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, de nivel 2, para as que é preciso estar en posesión do título de Graduado en ESO, ou dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia ou dun certificado de profesionalidade de nivel 2, ou cumprir o requisito académico de acceso a ciclo medio, ou ter superadas as probas de acceso a universidade para maiores de 25, ou ter as competencias clave necesarias.

    Serán beneficiarias 20 persoas, tendo prioridade os colectivos con maior dificultade na inserción laboral, e percibirán un salario equivalente ao salario mínimo interprofesional, cun contrato de formación e aprendizaxe de nove meses, destinándose 221.378 euros da subvención á contratación.

    Para levar a cabo o proxecto contratarase persoal directivo, docente e de apoio, e xestionarase e execución dende o propio CDL O Torrón en Salceda, onde se levará a cabo a primeira etapa do proxecto que é a formativa, e que se complementa cunha segunda etapa de alternancia de traballo e práctica profesional, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.

    As persoas de Salceda interesadas en participar terán que estar inscritas na oficina de emprego de Porriño, para o cal teñen que pedir cita previa, e tamén poden inscribirse no Centro de Desenvolvemento Local CDL O Torrón, contactando co teléfono 986347864, ata o 20 de setembro, xa que despois procederase á selección das 20 persoas participantes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.