14.9 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasO pleno do Concello de Salceda completa o paquete de medidas para...

    O pleno do Concello de Salceda completa o paquete de medidas para paliar os efectos da subida do IBI

    O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade a proposta do goberno local de novas medidas fiscais encamiñadas a paliar os perxuizos económicos para a veciñanza derivados do proceso simplificado de valoración colectiva levado a cabo pola Dirección Xeral de Catastro no Concello.

    Estas novas medidas consisten na modificación da Ordenanza Fiscal nº21, reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, onde se contemplan bonificacións e exencións.

    En concreto, serían bonificacións dun 90% sobre a cota íntegra do imposto nas parcelas que non teñen a superficie mínima para edificar, é dicir as de menos de 450 metros cadrados, e nas parcelas que non cumpren os parámetros urbanísticos por inedificabilidade temporal. A aplicación desta bonificación levarase a cabo a petición do titular do inmoble e debe ser solicitado anualmente.

    Ademais aprobouse a exención naqueles recibos nos que resulte unha cota líquida inferior a 7 euros, que xunto coa bonificación anterior fará que moitos destes inmobles non teñan que aboar o imposto.

    Estamos ante a aprobación da maior bonificación da ordenanza do IBI da historia do Concello e de todos os Concellos da contorna, que dará cabida a milleiros de parcelas que se atopan en situación de inedificabilidade pero dentro de núcleo, e que dende sempre  consideramos que se producían as situacións mais inxustas.

    Estas medidas únense as xa tomadas pola corporación municipal, como a creación dunha oficina de atención e asesoramento no propio concello, a solicitude para que o ORAL dosificase os recibos dos catro anos de retroactividade,  a ampliación de prazos nas xestións con catastro e a rebaixa do tipo impositivo ao mínimo legal pasando dun 0,5€% ao 0,4%

    Estas medidas fiscais van a ter un importante impacto nas contas municipais, pero ante un procedemento desta magnitude o equipo de goberno demostra unha vez máis estar ao lado da veciñanza aportando solucións.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.