12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño presenta a plataforma "ROOMBO" de reparto a domicilio

    O Porriño presenta a plataforma “ROOMBO” de reparto a domicilio

    Os concelleiros, David Alonso, de Emprego e Novas Tecnoloxías, e Sergio Casal, de Comercio, apadriñaron a presentación da plataforma “ROOMBO” de reparto a domicilio que leva funcionando semana e media no Porriño. O seu franquiciado local, Alberto Parada, e representantes do sector hostaleiro local asistiron ao acto informativo, celebrado no salón de plenos do Concello.

    “ROOMBO” funciona como una aplicación (“app”) que pode descargarse gratuítamente para teléfonos móbiles “IOS” ou “Android”. Permite encargar comida a domicilio e pagar a golpe de “clic”. O reparto faise con tres persoas nun radio de 8 quilómetros e de momento, hai sete establecementos do Porriño adheridos á plataforma que son: “Hamburguesería Alhambra”, “Galibar”, “Pastelería D’Carlo”, “Argentino2”, “Don Kebab”, “Pantera” e “A Tentación”.

    O promotor local, Alberto Parada, explicou que “é unha plataforma 360, é dicir, que estamos abertos non só a restaurantes senón tamén para calquera comercio que desexe incorporarse e utilizar este escaparate para realizar as súas vendas”.

    O presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño, José Manuel Fernández, subliñou que “parécenos unha aplicación moi interesante xa que non ten custe engadido nin require investimento algún e tan só supón un pequeno desconto da comisión que cobra a plataforma”, manifestou o máximo responsable de “AHOSPOR”.

    Sergio Casal felicitou ao promotor da plataforma e aos primeiros hostaleiros que se adheriron namentres David Alonso eloxiou “a idea que mellora a competividade dos hostaleiros, a accesibilidade da veciñanza a novos servizos e que ademais crea postos de traballo”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.