11.3 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA biblioteca do Porriño rematou o 2022 con cifras récord

    A biblioteca do Porriño rematou o 2022 con cifras récord

    A Biblioteca Municipal do Porriño, dependente da Concellería de Cultura, rexistrou no 2022 o seu récord histórico de préstamos e un alto índice de participación nos seus servizos e actividades. Así o sinalan os datos contabilizados o pasado ano que,  con 27.747 préstamos, rexistran un incremento dun 21 %, situando á Biblioteca do Porriño á cabeza do ranking galego xunto ás grandes cidades.

    O número de préstamos é o maior indicador de éxito pero tamén destaca o incremento de usuarios. Na actualidade son 8.344 as persoas usuarias, dos cales 494 se deron de alta no 2022.

    “O segredo do éxito da nosa Biblioteca é manter a colección totalmente actualizada e facer a inversión necesaria para que as/os usuarias/os dispoñan das últimas novidades tanto en lingua galega como en castelán. Contamos cun fondo de 39.940 documentos á disposición das/os usuarias/os”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Ademais a biblioteca non se limita ofrecer o servizo de préstamo, tamén sirve de plataforma de iniciativas culturais atractivas e de numerosas actividades de promoción da lectura”.

    Neste sentido destacan iniciativas como o Club de Lectura, concebido como un espazo para ler e falar dos libros, ou as exitosas Xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”, que este ano se retomarán incluíndo, ademais das conferencias, talleres para nais e pais, ou a Feira do Libro

    Este ano sumaranse as Xornadas de creación literaria “Da inspiración ao libro”, organizadas en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño e o Club de Lectura. A galega Ledicia Costas, será a encargada de presentalas e contarán con nomes como Marcos Calveiro, Diego Giráldez, Raquel Castro ou Carlos Meixide.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS