14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño gaba o gran traballo do piloto de karts Guillermo Carrera

    Tomiño gaba o gran traballo do piloto de karts Guillermo Carrera

    A alcaldesa, Sandra González, e o concelleiro de Deportes, Fran Campo, recibiron estes días no Concello a Guillermo Carrea, un tomiñés de adopción que está a acadar importantes logros nun deporte tan visual e competitivo como o karting. “Estamos moi orgullosos e orgullosas da canteira que temos nos deportes máis diversos, tamén daqueles como o kart, unha modalidade moi esixente dende un punto de vista técnico e de formación, pero tamén humano. A implicación de Guillermo e da súa familia coa súa carreira deportiva é un exemplo, sen dúbida”, salienta a rexedora.

    Subcampión galego na edición do ano pasado, este 2022 ao non haber grupo da categoría KZ2 para competir, Carrera decidiu probar a súa destreza como piloto no Campionato de Castela e León, onde resultou claro vencedor da súa categoría. Uns resultados que amosan o gran nivel e esforzo deste deportista tomiñés de 41 anos que ata hai apenas dous anos non competía e soamente se subía enriba dun kart como afeccionado.

    Dende o Concello damos a Guillermo os nosos parabéns máis sinceros e desexámoslle moita sorte nas futuras aventuras tras o volante dun kart. “É unha honra contar con deportistas deste nivel que levan o nome de Tomiño alá onde van competir e ver o respaldo de familia e amizade para que poidan acadar os seus soños”, transmitiulle a alcaldesa durante o encontro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.