11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaAmpla oferta de cursos online á disposición da veciñanza na Aula Mentor...

    Ampla oferta de cursos online á disposición da veciñanza na Aula Mentor de Oia

    A Aula Mentor de Oia pon a disposición da veciñanza unha importante oferta formativa online dirixida a diversos ámbitos profesionais. Entre outras moitas propostas, o catálogo formativo abrangue ámbitos como informática, administración e xestión, comercio e marketing, hostalería e turismo, agraria, sanidade, téxtil e confección, vidro e cerámica, imaxe e son, electrónica e electricidade e mantemento; así como competencias en diversas linguas.

    En todos os casos trátase de formación telemática non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Os cursos pódense seguir desde a propia Aula Mentor de Oia (na aula de novas tecnoloxías situada nos baixos do Concello) ou ben desde a casa, cun ordenador conectado a internet. O catálogo de cursos está accesible na web https://www.aulamentor.es.

    O programa Aula Mentor desenvólvese en Oia a través dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Con esta iniciativa ponse a disposición da veciñanza unha serie de ferramentas para a mellora da empregabilidade, entre elas unha ampla oferta de cursos online e uns servizos de orientación profesional.

    Matrícula

    Para facer algún dos cursos incluídos na Aula Mentor cómpre, en primeiro lugar, realizar o proceso de matriculación. Para elo, as persoas interesadas poden contactar co Concello por teléfono (no 986362125 extensión 3) ou ben a través do correo electrónico oia@aulamentor.es.

    Cada formación ten un custe de 24 euros ao mes e a duración habitual soe ser de dous meses. Coa superación do curso, a persoa usuaria obtén un certificado de aproveitamento asinado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.