10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal continúa dando pasos cara a reforma integral do seu mercado...

    O Rosal continúa dando pasos cara a reforma integral do seu mercado municipal

    Luz verde este xoves á nova ordenanza fiscal e reguladora da praza de abastos

    O Rosal continúa dando pasos para a mellora da praza de abastos. Este xoves o Concello aprobaba en pleno por unanimidade a nova ordenanza fiscal e reguladora do mercado, xa que “unha reforma integral do mercado municipal require tamén unha actualización e ordenación da situación a nivel de funcionamento que reverterá nun maior beneficio social”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    Deste xeito, o pleno deu luz verde á modificación das taxas de ocupación e uso do mercado municipal de abastos, que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2022, e aprobou a ordenanza que regula a actividade comercial que se desenvolve na praza de abastos e a concesión da explotación dos distintos postos.

    Esta nova ordenanza recolle o espírito do mercado do Rosal, que se reformará integramente para convertelo en centro de dinamización económica e social do núcleo urbano, fomentando a compra de produto local de proximidade e promovendo actuacións que fagan o comercio máis atractivo e competitivo e que sirva como motor de tracción para novas actividades comerciais na contorna. Este regulamento, que entrará en vigor aos 15 días da súa publicación no BOP, establecerá “un novo marco de relación entre o Concello e os titulares de todos os puntos de venda deste mercado municipal para facilitar a xestión deste servizo público en beneficio da veciñanza”, explicou a rexedora.

    Tres mocións conxuntas

    O pleno aprobaba tamén por unanimidade tres mocións conxuntas, presentadas inicialmente na Comisión Informativa polo BNG, relativas ao transporte ferroviario, ao apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública e ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Así, co gallo do 25 de novembro, o pleno levantou as mans en sinal de loita contra esta lacra e aprobou tamén unha serie de acordos para dar resposta integral aos problemas xerados pola violencia de xénero, agravados en plena pandemia da COVID-19. Deste xeito, ademais de rexeitar calquera acto de violencia contra as mulleres no marco do fomento dunha cultura da igualdade e do respecto á diversidade, o Concello comprométese a traballar para incorporar a perspectiva de xénero de forma integral en todas as decisións que se adopten e a colaborar activamente na creación e dotación de medios dunha rede de entidades e comprometidas coa igualdade.

    Xunto con estas medidas, o Concello do Rosal reclama ao goberno autonómico que destine como mínimo no 1% do total dos orzamentos de 2021 á loita contra a violencia e ao goberno estatal que modifique a lei actual avanzando nunha definición de violencia machista que supere o enfoque patriarcal e reducionista. 

    Medidas concretas e contundentes contra a violencia contra as mulleres no ámbito laboral, a mellora dos puntos de encontro cando hai menores por medio ou mecanismos para manter a seguridade sanitaria son algunhas das iniciativas que reclama o Concello rosaleiro. Ademais destas cuestións, o pleno abordou e aprobou por unanimidade o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Rosal, con medidas concretas para loitar contra o cambio climático e reducir as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro no municipio nun 40% ata 2030. Tamén se deu o visto e prace á ordenanza que regulará o servizo de préstamo de biotrituradoras, un servizo gratuíto que se porá en marcha en vindeiras datas para fomentar a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal entre a veciñanza.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.