O Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes do PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO (BALNEARIOS):
- Ata o 9 de xaneiro de 2023: para solicitar praza nos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive.
- Ata o 15 de maio de 2023: para solicitar praza nos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.
Para a inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que queden vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Ata o 14 de maio de 2023: para solicitar praza nos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive.
- Ata o 15 de novembro de 2023: para solicitar praza nos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.
Para máis información consultar no Departamento de Servizos Sociais no 986614507 ou en sociais@aguarda.es.