Venres, 28 Marzo de 2025

Arbo adxudica a creación dun parque forestal en Bouza de Miguel

O Concello de Arbo, pretende crear o «Parque Forestal Bouza de Miguel», dacordo coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Arbo, ao abeiro do reparto de axudas a Concellos destinadas a Mellora dos Montes mediante a creación de Parques Forestais por importe de 38.271,74 €.

As actuacións que se levaran a cabo, na primeira fase, será entre outras a implantación de medidas fronte os incendios forestais, a plantación de arbores autóctonos, a eliminación das especies seucaliptus en faixas de defensa primaria, a instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….) e a colocación de paneis informativos.

O Parque Forestal Bouza de Miguel, creado e promovido polo Concello de Arbo, pretende seguir potenciando a riqueza natural que este municipio pode ofrecer aos veciños e veciñas de Arbo, así como os visitantes que se achegan atraidos pola natureza, gastronomia, turismo, enoturismo, patrimonio.. que o Concello de Arbo ofrece, según manifesta o rexedor do concello, Horacio Gil. Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo: Reducción do risco de incendio e da ameaza que este supón sobre as vivendas no caso de producirse, mediante a eliminación de especies pirofitas e creación de áreas de frondosas caducifolias en torno os núcleos de poboación e instalación municipais, que actuarán como cortalumes verde. Mellora da diversidade florística do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga.Mellora do uso publico, mediante a creación dun área de xogos infantil con tirolina, columpio e tobogán en pendente coa colocación de elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se ubica.