12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaA Cañiza acolle na Casa do Concello unha exposición sobre o dano...

    A Cañiza acolle na Casa do Concello unha exposición sobre o dano cerebral

    Esta mostra é unha continuidade da charla impartida o pasado 6 de maio no Concello sobre esta enfermidade. A exposición estará disponible desde mañá 4 de xuño ata o 18 de xuño baixo o lema “Punto e seguido”.

    Ten como obxectivo informar sobre as causas e factores que a producen, recoñecer os síntomas, qué facer ante un Ictus, as secuelas que pode deixar e sobre todo cáles son os recursos dos que podemos dispor en caso de padecer esta enfermidade. 

    FEGADACE é a Federación galega que coordina o movemento asociativo das cinco asociacions de daño cerebral que existen en Galicia e a súa principal labor é apoiar e axudar despois de sufrir un Ictus, cando o enfermo é dado de alta e chega ao seu fogar. O seu contacto é 659 177 709, web: www.fegadace.org e o enderezo electrónico: fegadace@fegadace.org.

    Qué é o Dano Cerebral Adquirido

    Algunhas persoas defíneno como un abismo; un cambio enorme, un tsunami.

    Como algo que pon todo patas arriba. Como unha ferida.

    O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que cada ano se presenta nas vidas dunhas 7.000 familias galegas, dándolle a volta a proxectos vitais, parellas, amizades, veciñanza.

    Converte a persoas traballadoras en dependientes, a parellas e familiares en coidadoras, a nenos e nenas en mestres dun pai ou dunha nai que esqueceu como sumar ou como escribir.

    Deixa fogares que se teñen que recompoñer, casas que se teñen que transformar, economías que se teñen que adaptar, relacións e roles que se teñen que reorganizar.

    Un puzzle para o que as familias non contan con toda a axuda que precisan.

    Un ictus ou un accidente de tráfico son cuestión de segundos.

    Un punto e seguido para o que virá despois.

    Secuelas visibles e invisibles. Orgánicas, físicas, sensoriais, cognitivas, emocionais, condutuais, económicas, sociais.

    Pero tamén apoio, rehabilitación, novos proxectos de vida, novas relacións, novas lecciones, novos gustos e intereses.

    Unha Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queremos, con estas fotografías, achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido.

    Abrirche a porta das nosas casas.

    Amosarche que o dano cerebral non é un punto final.

    Que é un punto e seguido para unha nova vida.

    Achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS