Domingo, 4 Maio de 2025

Ultimas Noticias

O Pleno da Cañiza aproba a concesión da xestión e mantemento do camping ‘Carballo do Marco’

O Pleno da Corporación Municipal da Cañiza celebrado neste pasado venres, deu luz verde á proposta do Goberno local de concesión da xestión e mantemento do camping 'Carballo do Marco' á empresa Ana Outón Beloso, S.L. por un período de 16 anos. Trátase dunha firma con ampla experiencia no sector turístico que propón ofrecer a excelencia na calidade do servizo para subir de categoría oficial o camping e optar á distinción turística SICTED.

A Deputación intensifica con máis de 4 millóns de euros a súa política social para que Concellos e asociacións atendan á poboación máis vulnerable

Máis de catro millóns de euros de investimento e sete liñas principais de actuación conforman o groso dos recursos cos que a Deputación de...

‘Tras as Ameas’ e ‘Música no Ar’ dúas propostas da Deputación con máis de 23 espectáculos en todas as comarcas

A Deputación de Pontevedra dá hoxe o pistoletazo de saída a dúas das grandes propostas que, no marco da programación Aviventa, vai desenvolver este verán para seguir a espallar cultura en vivo por todas as comarcas da provincia. Os programas Tras as Ameas e Música no Ar incluirán un total de 23 espectáculos e, como subliñou a presidenta provincial Carmela Silva, levarán as actividades culturais de novo aos castelos de Soutomaior e Sobroso, así como aos espazos patrimoniais máis singulares dunha decena de concellos.

A piques de rematar as obras de ensanche e mellora da vía A Cova-Cañoteira, en Ponteareas

Ponteareas avanza a bo ritmo os traballos de ensanche e mellora da vía A Cova-Cañoteira. A concelleira de Vías, Obras, Alumeado e Urbanismo nas parroquias, Chus Garrote, visitou estes días a execución das tarefas que se están levando a cabo neste barrio para dotar dunha axeitada accesibilidade a esta zona

Gondomar recupera este verán a celebración dos Campus Deportivos

O Concello de Gondomzar, a través da Concellería de Deportes dirixida por Nuria Lameiro, recupera este verán os tradicionais campus que se viron interrompidos o pasado verán como consecuencia da pandemia. Ante a mellora da situación, e sempre cumprindo as medidas sanitarias impostas no momento da súa celebración, “queremos ofrecer opcións de tempo libre aos máis novos durante as súas vacacións fomentando á vez os hábitos saudables”.

Un 85,8 % dos impostos e taxas recadados polo ORAL durante 2020 ingresáronse en período voluntario

O ORAL, servizo da Deputación que xestiona desconcentradamente a xestión tributaria de 54 dos 61 concellos da provincia, pechou o exercicio 2020 cun índice de recadación voluntaria dun 85,8 % sobre os padróns dos impostos e taxas, segundo se recolle na Memoria anual que foi presentada polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font durante a inauguración do novo local de atención ao público en Pontevedra, situado na rúa de Manuel Palacio, 14.

Deputación e Airbnb colaboran para impulsar a dixitalización do turismo rural e fomentar as viaxes sostibles

A Deputación de Pontevedra e a plataforma Airbnb van colaborar neste mes de xuño ao abeiro do programa Turistic, de SmartPeme, na organización de catro accións formativas para fomentar o emprego das novas tecnoloxías, impulsar a dixitalización do turismo no rural, fomentar as viaxes sostibles e axudar ás empresas a atender ás novas tipoloxías de persoas viaxeiras que existen na contorna dixital.

O Grupo Parlamentario Socialista trasladará á Xunta unha nova iniciativa sobre a situación sanitaria da Guarda… e van tres

A parlamentaria socialista Leticia Gallego visitou onte A Guarda para ás portas do Centro de Saúde e acompañada polo alcalde Antonio Lomba, anunciar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar na Cámara autonómica a cobertura das vacantes nesa instalación sanitaria guardesa, incluíndo o servizo de Pediatría. Os socialistas reclama tamén unha ambulancia medicalizada que dea servizo ao concello e toda a súa área.

Daniel Pazó e Patricia Noia, vencen no Trail Desafío Oia 2021

O paraxe espectacular dos montes de Oia acolleron esta pasada fin de semana, o VII Trail Desafío Oia que, a diferenza de anos anteriores, e por motivos relacionados co Covid, modificou o seu formato e mirouse na obriga de prescindir da da andaina e do maratón. A proba, polo tanto, cinguiuse ás modalidades de 12 quilómetros e 21 quilómetros.

Anxo Rodríguez, Jennifer Abal, Sabela Martínez, Jorge Guille, Ana Fernández e Xosé Manuel Martínez, gañadoras dos VI Xogos Florais de Ponteareas

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas deu a coñecer as e os gañadores dos VI Xogos Florais, con motivo da pasada conmemoración do Día das Letras Galegas, no transcurso dunha gala da lingua na que se homenaxeou a Xela Arias, a quinta muller á que se lle dedica esta celebración.

Aula CeMIT de Ponteareas oferta novos cursos de balde para o vindeiro mes de xuño

A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez vén de informar da apertura do prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a Aula CEMIT ubicada no Centro Social na rúa Oriente.

A veciñanza da Guarda sairá á rúa o sábado para esixir unha atención sanitaria digna

A falta de medios humanos no Centro de Saúde da Guarda está provocando deficiencias moi graves na atención sanitaria no Concello. Segundo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda "hai moitas persoas que levan máis dun ano e medio sen un médico de referencia". Esta precaria situación da sanidade no municipio é polo que a Plataforma chama "a todo o pobo da Guarda a Concentración que se realizará este sábado día 29 ás 12 da mañá na Praza Avelino Vicente".