14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasGondomar recupera este verán a celebración dos Campus Deportivos

    Gondomar recupera este verán a celebración dos Campus Deportivos

    Fútbol, patinaxe artística, ximnasia acrobática, bolos celtas e fútbol gaélico son as distintas categorías deportivas que se ofrecerán este ano durante os meses de xullo e agosto

    O Concello de Gondomzar, a través da Concellería de Deportes dirixida por Nuria Lameiro, recupera este verán os tradicionais campus que se viron interrompidos o pasado verán como consecuencia da pandemia. Ante a mellora da situación, e sempre cumprindo as medidas sanitarias impostas no momento da súa celebración, “queremos ofrecer opcións de tempo libre aos máis novos durante as súas vacacións fomentando á vez os hábitos saudables”.

    Desde a Concellería agradécese a implicación dos distintos clubs deportivos que colaboran co departamento “na recuperación dos campus” así como aos que en anos anteriores fixérono posible “e que sabemos que cando todo volva á absoluta normalidade aí estarán”.

    Os campus desenvolveranse en diferentes datas e están dirixidos a nenos/as e mozos de idades comprendidas entre os 5 e 17 anos, dependendo da actividade que se elixa. Os interesados poderanse inscribir e solicitar máis información no propio pavillón municipal ou a través do correo deportes@concellodegondomar.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.