Cultura para todas e todos, accesibilidade, inclusión, ocupando espazos, coidando o medio ambiente, cumprindo cos 17 ODS da Axenda 2030 e coa igualdade como eixo transversal a todas as accións.
A dor e a ferida social da violencia de xénero simbolizadas na impactante performance da artista Ana Gesto precederon no escenario da feira Culturgal á firme e absoluta defensa da igualdade como eixo prioritario e transversal das políticas da Deputación de Pontevedra realizada por Carmela Silva.
O ‘X Encontro de Conservación e Restauración’ que este ano se centra na ‘Xestión de riscos e emerxencias no Patrimonio Cultural’ comezou onte no Museo de Pontevedra coa intervención Ángel Luis de Sousa Seibane, da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte.
O territorio do río Miño está a ser dende onte e ata mañá venres anfitrión da ‘I Mesa Transnacional De Valorización Do Patrimonio Cultural Inmaterial’ que conta con presenza de localidades galegas, portuguesas, españolas e francesas.
A corrupción e o espolio e a represión económica franquista e a súa relación coa monarquía e a igrexa serán o centro do debate nas ‘III Xornadas Contra A Impunidade’ que se celebrarán mañá venres e o sábado organizadas polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. As prazas presenciais están esgotadas dende hai máis de dez días, mais todos os relatorios poden seguirse en directo en liña a través de depo.gal.
A portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, denunciou onte a “mala xestión” e “o pouco que lle importa á Xunta” o sector do pequeno e mediano comercio en Galicia. Como mostra desta falla de compromiso, a deputada do PSdeG que a partida para o sector dentro dos orzamentos do ano que vén baixe en máis de cinco millóns de euros, o que, ao mesmo tempo, demostra que “o comercio non é un sector estratéxico para a Xunta”.
O Museo de Pontevedra vai participar cun apartado propio dentro da feira das industrias culturais Culturgal que este venres abre as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra. E farao duplicando o espazo expositivo co que contaba en anteriores edicións para expoñer varias obras das persoas gañadoras das edicións de Novos Valores en 2019 e 2020, poñendo así á vista do público pezas moi salientables da arte contemporánea local.
Como “un luxo” definiu hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a celebración o vindeiro martes 30 no Pazo Provincial do Foro no que se amosarán por primeira vez en Galicia as potencialidades que vai supoñer o plan estatal “España Hub Audiovisual”, tanto para os e as profesionais do sector como para os concellos da provincia.
A Deputación de Pontevedra lanzou onte a “Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico que ten como obxectivo achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía así como poñer en valor o patrimonio vexetal existente na Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a fabricación dixital de impresións, ferramentas dixitais, fotografía para xoiería e a utilización de Pinterest para e-commerce .
A Deputación de Pontevedra vai levar este ano o Apalpador, a tradicional figura propia do Nadal galego, a todos os concellos da provincia que o solicitaron, un total de 45.
A escalinata central do Pazo da Deputación foi o mellor escenario para amosar o talento, o compromiso e o bo facer e a creatividade da mocidade da provincia revelada na V edición da Gala dos Premios Provinciais á Xuventude. No evento, que encheu a explanada exterior de rapazas, rapaces e as súas familias, foron recoñecidas as 16 mozas, 14 mozos e 3 centros educativos da provincia, autoras e autores dos 30 proxectos galardoados.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.