Sábado, 12 Xullo de 2025

É Noticia

As Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo garanten o apoio á prestación dos GES

As Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, A Coruña volveron garantir na reunión da comisión de seguimento dos GES celebrada este venres o seu apoio á prestación do servizo, así como a súa firme vontade de avanzar no deseño dun novo modelo de funcionamento.

A Deputación retoma o programa Depotermal

A Deputación de Pontevedra volverá no 2022 co seu programa estrela de termalismo social “Depotermal”. A iniciativa, unha das de maior participación da programación provincial, retoma a súa actividade despois de dous anos de parón pola pandemia e ofrecerá o próximo ano un total de 4.434 prazas.

Galicia necesita incrementar as reservas de sangue dos grupos cero positivo e cero negativo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da primeira ponte festiva do mes de decembro, en especial ás persoas dos grupos cero negativo e cero positivo.

O vindeiro ano chegará á provincia de Pontevedra o programa de cribado de cancro de cérvix

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, anunciou, na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia, que a Consellería de Sanidade ten marcado como obxectivo estender o Programa poboacional de cribado de cancro de cérvix a todas as áreas sanitarias, acadando unha cobertura total da poboación diana.

“Sigue o teu instinto” coróase como a mellor película turística do mundo

O audiovisual ‘Sigue o teu instinto’, a campaña turística da Deputación de Pontevedra en 2020, vén de acadar por segundo ano consecutivo o premio á Mellor Película Turística do Mundo na categoría de Produto Turístico no circuíto de premios audiovisuais turísticos CIFFT.

A Deputación anima á cidadanía a visitar nesta ponte o Castelo de Soutomaior

O Castelo de Soutomaior constitúe, desde o xoves, o epicentro do Nadal na provincia. Trala inauguración do acendido e a esperada apertura do mercadiño, a Deputación de Pontevedra anima a familias, adultos e mozos a achegarse a este emblema turístico para gozar dunha programación moi variada.

O Museo designa co nome de Castelao o maior edificio da institución

A Deputación de Pontevedra puxo en valor a figura de Castelao como unha das figuras máis importantes da historia de Galiza e do Museo de Pontevedra en particular.

A Deputación dá o pistoletazo de saída á programación de Nadal

A Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao Nadal cunha potente programación que abrangue unha completa oferta de actividades que comezará co acendido e a inauguración da decoración das sedes en Pontevedra e Vigo e que desde o xoves situará ao Castelo de Soutomaior como o epicentro destas festas.

A Deputación redobra o seu impulso a SmartPeme con novos servizos e recursos

A Deputación de Pontevedra redobra o seu impulso a SmartPeme, o programa provincial de asesoramento e formación en novas tecnoloxías para persoas autónomas, emprendedoras e pemes, coa creación de novas carteiras de servizos para facer fronte aos novos desafíos e retos que xorden en ámbitos como a administración electrónica, a ciberseguridade, o emprendemento, a transición ecolóxica e a igualdade.

O Museo celebra cun acto institucional a instalación do novo nome do Edificio Castelao

O Museo de Pontevedra vai estar de celebración este xoves día 2. E farao cun acto institucional no que por unha banda se descubrirá o rótulo coa nova denominación do Edificio Castelao na fachada do inmoble da rúa Pai Amoedo e por outra se inaugurará unha moi potente exposición relacionada co autor rianxeiro: ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’.

A colección de libros “Defensoras de dereitos” preséntase no Culturgal

Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador), Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala) son mulleres que forman parte das máis de 2.000 defensoras de dereitos humanos organizadas arredor da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos.

SmartPeme pon en marcha outros tres novos obradoiros a partir de mañá

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.