O Museo de Pontevedra segue a aumentar o seu tirón e continúa a mellorar as cifras de visitantes de anos anteriores. As últimas estatísticas revelan que a institución vén de rexistrar neste 2022 o mellor dato de público no primeiro trimestre de entre os últimos sete exercicios.
A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias poñen en marcha a terceira edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, que ten por obxectivo achegarao gran público a importancia da ciencia con charlas dirixidas a todos os públicos sobre temas de actualidade nos que o coñecemento xoga un papel fundamental.
A Deputación de Pontevedra ven de retomar a doazón de especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para que concellos, centros educativos, entidades, institucións e particulares poidan seguir enriquecendo os xardíns abertos ao público na provincia.
Dada a situación de emerxencia e necesidade de medicamentos pola guerra en Ucraína, están a solicitarse doazóns de medicamentos aos países europeos para os campos de refuxiados (República Checa, Polonia, Moldavia…).
A Rede Provincial de Estradas, que está a experimentar unha profunda transformación dende o ano 2016 cun modelo de mobilidade segura e integral, vive neste 2022 un “ano histórico” no que se van realizar un total de 36 grandes obras de seguridade viaria cun investimento total de 14.075.896 euros.
O Museo de Pontevedra incrementará a actividade dirixida ao público durante a Semana Santa poñendo a disposición máis sesión de visitas guiadas aos seus fondos da súa colección permantente.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que mantén as súas recomendacións para a vixilancia das viñas ante as condicións climatolóxicas previstas, que poden favorecer a aparición do mildio nas plantas máis desenvolvidas.
“Coleccionar frascos de perfume é contar a historia da civilización”. Así o asegurou hoxe na inauguración da mostra ‘A presenza Invisible. Perfumes Art Nouveau & Art Deco’ o comisario e coleccionista Afonso Oliveira.
O salón de plenos da Deputación de Pontevedra, lugar emblemático que en xullo do 36 albergou o Comité en Defensa da República, quedou onte pequeno para o público na presentación do libro ‘Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)’ do investigador pontevedrés e colaborador do departamento provincial de Memoria Histórica Xosé Álvarez Castro.
A Deputación de Pontevedra ten aberto ata o 26 de abril o prazo de inscrición para os tres cursos de español dirixidos a persoas inmigrantes que se celebrarán neste 2022 en Vigo e Pontevedra.
Logo de dous anos de parón por mor da pandemia, as persoas que desexen participar en “Deportermal” xa poden realizar as inscricións para poder desfrutar dunha das case 4.500 prazas que ofrece este programa de termalismo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.