Mércores, 7 Maio de 2025

É Noticia

A Escola de Cantería comeza o novo curso

A Escola de Cantería de Poio iniciou un novo curso académico con importantes novidades. A principal é o incremento da matrícula, que permitiu pasar de 11 a 14 alumnos/as, pero tamén será un ano marcado pola realización de obras na sede da Caeira, así como de traballo administrativo para a homologación dos estudos con dous certificados de profesionalidade por parte da Xunta de Galicia.

A web de Turismo Rías Baixas incrementa un 11 % as súas visitas

A páxina web de Turismo Rías Baixas incrementou un 11 % as súas visitas desde principios de ano e en agosto bateu o seu récord histórico de usuarias e usuarios mensuais con 41.200 persoas seguindo puntualmente a información sobre a completa oferta turística do destino.

O Museo de Pontevedra retoma as visitas didácticas para os colexios da provincia

Os colexios da provincia xa se poden acoller ao programa ‘Coñece o Museo de Pontevedra’ e concertar visitas didácticas para achegar ás e aos seus escolares toda a riqueza cultural das coleccións do Museo. Para cumprir con ese obxectivo, a Deputación de Pontevedra financiará unha visita e un autobús por centro escolar ata esgotar a dotación orzamentaria.

A Deputación reafirma a súa aposta pola eficiencia enerxética na Semana Gobal de Acción polo Clima

No marco da Semana Mundial de Acción polo Clima a Deputación de Pontevedra vén de realizar esta mañá unha acción simultánea centrada na eficiencia enerxética e protagonizada polas deputadas Olga García e Iria Lamas e os deputados Gregorio Agís e Santos Héctor Rodríguez. As deputadas e deputados provinciais visitaron á mesma hora os concellos de Meaño, Poio e O Porriño, onde a Deputación está a impulsar un proxecto para substituír puntos de luz por luminarias LED.

A Deputación revalida o seu compromiso coas persoas afectadas de Alzhéimer e as súas familias

Ao abeiro do Día Mundial do Alzheimer, a Deputación de Pontevedra súmase este sábado ás accións que se desenvolven para dotar de visibilidade á enfermidade neurodexenerativa que, segundo datos da Federación Alzheimer Galicia (FAGAL), afecta a máis de 20.000 persoas tan só na provincia de Pontevedra e a un total de 70.500 en toda Galicia.

A Deputación de Pontevedra envórcase coa Semana Global de Acción polo Clima

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas, presentou esta mañá a axenda 'A provincia que queres é sostible' creada con motivo da Semana Global de Acción polo clima, que terá lugar entre o 20 e o 27 de setembro.

‘Zero Waste’ lanza este venres un monográfico sobre o Plan Revitaliza como experiencia relevante na UE

A axencia europea 'Zero Waste Europe' lanzará este venres en toda Europa a súa publicación monográfica sobre o Plan Revitaliza da Deputación tras consideralo unha ‘experiencia ambiental relevante’ e asegurar que é un ‘caso de estudo’ na xestión do lixo aplicable en moitas zonas da UE.

Areeiro advirte do perigo que supón para o buxo da provincia a proliferación dunha bolboreta asiática

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir un aviso extraordinario ante a presenza xeneralizada de bolboreta do buxo, un insecto invasor orixinario do leste de Asia que se alimenta exclusivamente de buxo.

O talento, a música e as emocións, protagonistas da Gala do Deporte de Élite da Deputación

A escalinata exterior do Pazo da Deputación foi escenario, na tarde de onte, da primeira Gala do Deporte de Elite que impulsou a institución provincial para render homenaxe e recoñecer ás figuras dos e das deportistas de alto nivel e promesas do deporte: “Sodes heroínas e heroes. Sodes un exemplo e queremos, con este acto, rendervos unha homenaxe de toda a provincia", afirmou Carmela Silva.

A Deputación estende a mobilidade e seguranza á renovada estrada Ponteareas-As Neves-Salvaterra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto aos alcaldes das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitaron esta mañá a renovada EP 4006 que transcorre por Ponteareas, As Neves e Salvaterra. A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000 euros, segue os principios de mobilidade centrados na recuperación do espazo público para as persoas.

A Deputación leva o seu compromiso coa transición ecolóxica ao ‘Barbeira Season Fest’ de Baiona

A Deputación de Pontevedra revalidará o seu compromiso co medio ambiente cara á transición ecolóxica no Barbeira Season Fest, o festival que dará prioridade á ecoloxía, a cultura e a economía circular e que se desenvolverá o vindeiro 21 de setembro na praia de Barbeira de Baiona.

Zona Franca e Secretaría de Estado de Comercio colaborarán nas políticas de internacionalización para as empresas galegas

O delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades acordou esta mañá coa Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, un marco de colaboración para fortalecer entre ambos os organismos as políticas de internacionalización do tecido empresarial galego así como desenvolver accións conxuntas para captar investimentos estranxeiros.