A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao presidente da Deputación de Segovia, Miguel Ángel de Vicente, representou onte ás deputacións provinciais de toda España no acto recoñecemento no Senado ao municipalismo e aos entes locais. A homenaxe «Corenta aniversario das primeiras eleccións municipais democráticas trala aprobación da Constitución» estivo encabezada polo presidente do Senado, Manuel Cruz, o ministro en funcións de Política Territorial, Luis Planas, e o presidente da FEMP, Abel Caballero.
Máis de 300 rapazas e rapaces de entre 10 e 11 anos dos 9 centros da provincia participantes en “DepoEmprende na Escola” tomaron esta mañá o Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra na presentación das 14 cooperativas que van desenvolver ao longo do curso escolar.
Tanto Georgina de los Ángeles Molina Rivera como Alicia Valencia Cuetia non poden, polo momento, volver aos seus lugares de orixe. O seu papel como activistas na defensa dos dereitos humanos en Nicaragua e Colombia, respectivamente, motivou a súa fuxida precipitada dos seus fogares e hoxe só piden ser escoitadas para que a comunidade internacional coñeza o que está a suceder nestes países.
O goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra activou na tarde deste mércores o protocolo de seguimento en emerxencias e estradas provinciais ante a alerta vermella emitida por Aemet ao fío do aviso para este xoves de fenómenos costeiros coincidentes coas mareas vivas, así como o risco de inundacións en zonas próximas ás beiras dos ríos.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou este martes na xornada da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) sobre '40 anos de políticas culturais locais', celebrada no Pazo de Congresos de Toledo. A Deputación pontevedresa foi seleccionada xunto coa de Palencia e a Consellería de Cultura e Deportes de Castela-A Mancha para explicar o seu modelo de cultura transversal e transformadora da sociedade.
As mulleres do PSdeG-PSOE de Pontevedra tomaron a voz hoxe na praza de Concepción Arenal para reclamar o voto o próximo domingo, “porque as mulleres teñen máis futuro cando goberna o Partido Socialista”.
O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, reuníuse onte en Valença cos alcaldes e alcaldesas dos municipios do territorio para avanzar no desenvolvemento do Plan de Mobilidade Sustentable do Río Miño Transfronteirizo (PMST) e coñecer as súas impresións sobre o mesmo.
Dentro do marco das reunións periódicas que veñen mantendo o Delegado do Estado na Zona Franca de Vigo coas alcaldesas de Tomiño, Sandra González e O Rosal, Ánxela Fernández Callís e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta mañá mantiveron unha nova reunión na que concretaron as liñas de traballo a desenvolver no informe estratéxico sobre a actividade hortofrutícola en Baixo Miño
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de obrigar á empresa Freire Chico S.L. a cambiar os provedores de comida de todas as escolas infantís públicas das que xestiona a cociña. Esta medida preventiva, sinala o Consorcio "implantarase tanto nas escolas infantís nas que houbo algún neno que tivese algunha reacción alérxica leve como nas que non rexistraron ningún destes casos.
A Deputación de Pontevedra xa dispón de orzamento para o ano 2020. O pleno aprobou hoxe as contas que ascenden a 161 millóns de euros e que o deputado Carlos Font definiu como “o mellor orzamento da historia da institución, e o que da resposta aos grandes retos da provincia. É unha oportunidade histórica de futuro, equidade, compromiso e autonomía local".
O 91,5% das alumnas e alumnos que participaron este ano nos dous primeiros cursos de español para inmigrantes organizados pola Deputación de Pontevedra en Pontevedra e Vigo superaron a proba DELE A2 (Diploma de Español como Lingua Estranxeira, nivel A2).
O Salón de Plenos do Pazo provincial encheuse este mércores coa xornada 'Motivación e apoio a persoas con dificultades no acceso ao emprego' organizada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do proxecto 'Labora 2020'. O obxectivo desta actividade foi proporcionar claves para que as persoas pertencentes a colectivos vulnerables poidan mellorar as súas habilidades e superar as barreiras para buscar traballo
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.