Luns, 12 Maio de 2025

É Noticia

A Deputación busca poñer en valor a figura de Concepción Arenal no bicentenario do seu nacemento

A Deputación, a través dos departamentos de Patrimonio e Igualdade, e o Ateneo de Pontevedra iniciarán este mes a conmemoración do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal co fin de poñela en valor como unha das primeiras feministas galegas e como importante figura do patrimonio histórico feminino polo legado do seu pensamento nunha grande produción de publicacións.

A Deputación volve a sorprender en Fitur con #sigueoteuinstinto, unha aposta pola natureza, a sensibilidade e a vangarda

“Fuxir do estrés, atopar a paz… a provincia de Pontevedra ten todos os ingredientes para deterse, mirar, reencontrarnos con nós mesmas e desfrutar doutra forma de facer turismo en harmonía coa natureza”. Deste xeito Carmela Silva iniciou o seu diálogo coa actriz pontevedresa Celia Freijeiro, tras visualizar en Fitur o espectacular vídeo 'Sigue o teu instinto', do que Freijeiro é a imaxe, e co que a Deputación de Pontevedra vai promover os atractivos naturais da provincia ao longo do 2020.

O Xeodestino «Ría de Vigo e Baixo Miño» presenta en FITUR o «Primeiro reino medieval de Europa»

Posta de longo por todo o alto en FITUR do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes, alcaldesas e outros representantes dos 14 concellos que abrangue este xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) presentaron este mércores en Madrid o primeiro produto do xeodestino: unha ruta turística polo primeiro reino medieval de Europa.

«Mosto» e «Sura» viaxan dende o CAAN aos seus novos fogares en Asturias e Madrid

O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra segue coa súa boa racha de adopcións neste inicio de ano e precisamente nestes últimos días dous dos cans que permanecían no centro atoparon un novo fogar fóra de Galicia, en concreto en Xixón e Madrid. As persoas que adoptaron a 'Mosto' e 'Sura' viñeron expresamente desde os seus lugares de residencia para levarse a estes cans, que levaban desde finais do pasado ano no centro.

Carmela Silva, na sesión constitutiva da Comisión de Deputación Provinciais da FEMP

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou hoxe en Madrid na reunión constitutiva da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e consellos insulares da FEMP, na que o despoboamento, o financiamento das administracións locais e a visibilidade das entidades locais intermedias foron os principais eixos de traballo da xornada

A Deputación presentará en Fitur a campaña 2020 «Sigue o teu instinto»

'O esplendor da natureza' da provincia de Pontevedra será neste 2020 protagonista de 'Sigue o teu instinto', a campaña de promoción turística das Rías Baixas que se presentará o xoves 23 de xaneiro ás 12.30 horas na feira FITUR de Madrid nun acto no que “non imos deixar a ninguén indiferente”, tal e como afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A Deputación inviste máis de 820.000 euros na mellora da seguridade viaria da EP-5003 A Cañiza-Arbo

O goberno de Carmela Silva vén de aprobar a adxudicación das obras de reposición do firme e mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP 5003, que transcorre polos termos municipais da Cañiza e Arbo e ten unha lonxitude total de 12,3 quilómetros. En total, a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 820.000 euros na mellora da seguridade viaria deste tramo

«Terra» a primeira das catro crías recuperadas no CAAN logo de ser arroxadas nun colector de lixo, xa ten fogar

'Terra', unha das cadelas da camada de catro cachorros que o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) conseguiu salvar despois de que foran arroxados en novembro a un colector en Vilanova de Arousa, xa ten un novo fogar. A pequena cadela foi adoptada o sábado día 11, só 24 horas despois de que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, recordara a súa historia e recuperación na comparecencia para facer balance anual do centro, na que estivo acompañada das catro crías.

A Deputación inicia os pasos para integrarse na «Asociación de Entidades Locais pola Lingua»

A deputada provincial de Lingua, María Ortega, reuniuse coa directiva da Asociación de Entidades Locais pola Lingua e manifestou o interese do organismo provincial en formar parte do colectivo, pola coincidencia plena cos seus obxectivos "de consolidar o papel normalizador das corporacións locais e xeneralizar o uso do galego como principal lingua de traballo coas persoas administradas, así como promover e dinamizar a lingua na sociedade en xeral".

A Deputación asegura que o 2020 será “o ano Revitaliza”

No ano 2019 a Deputación, ao abeiro do Plan Revitaliza tiña repartidos 127 centros de compostaxe comunitaria e outros 5.545 composteiros individuais nos concellos. Estes números medrarán significativamente no ano que acaba de comezar, facendo que a veciñanza composte os seus biorresiduos en ata 170 centros comunitarios e en preto de 7.100 individuais.

A web da Deputación, a máis accesible das administracións locais do Estado

O esforzo impulsado polo goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra para dotar de ferramentas de accesibilidade á web www.depo.gal está a dar os seus froitos. Deste xeito, o último estudo elaborado polo Observatorio de Accesibilidade do Ministerio de Política Territorial e Función Pública sitúa á web da institución provincial, cunha valoración de 9,98, como a máis accesible das administracións locais do estado.

Adxudicadas as cinco primeiras parcelas de solo empresarial da Plisan

O asentamento das primeiras empresas na Plataforma Loxística e Empresarial de Salvaterra-As Neves está xa un pouco máis cerca. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiron esta mañá en Vigo o acto de sinatura da adxudicación de cinco parcelas na Plisan, as primeiras que se asignan dentro desta gran área empresarial.