Domingo, 11 Maio de 2025

É Noticia

A Xunta estuda cos touroperadores galegos as medidas para reactivar o sector e minimizar o impacto do COVID-19

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, perfilou cos representantes dos principais touroperadores galegos as medidas que a Xunta impulsará para favorecer a recuperación do sector e minimizar o impacto que terá nel a crise sanitaria provocada polo coronavirus. O encontro enmárcase da rolda de contactos que o Goberno galego mantén cos distintos axentes turísticos para avaliar o actual escenario e deseñar accións para facer fronte aos seus efectos.

A Deputación adianta o lanzamento das bases de axudas ás confrarías, mariscadoras e cooperativas agrogandeiras

A Deputación de Pontevedra publica hoxe no BOPPO as bases reguladoras de dúas liñas de subvencións para investimentos no sector primario para este ano 2020, por un importe total de 450.000 euros. Por unha banda, cun orzamento de 250.000 euros, as axudas ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia; e, pola outra, cun crédito total de 200.000 euros, subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras.

Zona Franca habilita un módulo informativo na web con todas as axudas económicas e laborais de apoio ás empresas

Ante unha situación de excepcionalidade como a que se está atravesando no país, desde a Zona Franca de Vigo veñen de intensificar as accións de comunicación de relevancia para as empresas de Galicia polo que, desde hoxe, pódese ter acceso desde a súa páxina web ás diferentes medidas de apoio á actividade económica ben sexan estatais, autonómicas, locais e como da propia Zona Franca.

A Cidade da Cultura lanza un programa en liña para nenos e nenas a través de xogos artísticos en familia

A Xunta de Galicia pon en marcha esta semana na Cidade da Cultura o programa Aventuras no monte das artes, unha actividade en liña que achegará ás familias contidos para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos. Trátase de ofrecer recursos culturais e de lecer neste momento de confinamento e no marco da campaña da Consellería de Cultura e Turismo #aculturasegue.

A Deputación paraliza toda a obra pública en cumprimento do novo Real Decreto do Goberno

A Deputación de Pontevedra paralizará desde este luns toda obra pública para cumprir co novo Real Decreto Lei do Estado na loita común contra a crise sanitaria provocada polo coronavirus. A decisión foi o principal acordo da reunión do Comité de Seguimento, que se reuniu esta mañá, coa presidencia de Carmela Silva e a vicepresidencia de César Mosquera, para coñecer en profundidade o Real Decreto e tomar medidas de aplicación.

COGAMI mantén contacto continuo coas persoas usuarias dos centros de recursos que ten en toda Galicia

Tralo peche forzoso dos centros de recursos pola alarma sanitaria do Coronavirus, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) mantense o contacto vía telefónica e Whatsapp coas persoas usuarias. Se ben esta situación non permite o contacto presencial a Confederación está a disposición das persoas con discapacidade tanto a través do teléfono 981 574 698 como a través do mail [email protected].

A Xunta pon a disposición da cidadanía os recursos culturais online da provincia coa campaña #aculturasegue

A Xunta de Galicia, a través de todos os seus departamentos e centros dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, propón durante este período de confinamento unha programación con abondosas actividades de lecer cultural en rede na provincia de Pontevedra. Trátase de propostas pensadas para toda a familia que poden seguirse a través da campaña #aculturasegue nos portais e redes sociais de máis dunha vintena de dotación como museos, bibliotecas ou arquivos, entre outros.

Grande acollida dos concellos ás axudas da Deputación de Pontevedra pola crise sanitaria do COVID-19

As medidas extraordinarias impulsadas esta mesma semana pola Deputación de Pontevedra para que os concellos máis pequenos da provincia puidesen dispoñer de recursos para facer fronte ao COVID-19 están a espertar unha grande acollida ás poucas horas de ser aprobadas. Deste xeito, ata as 14.00 deste venres, xa eran 40 as solicitudes de achegas provinciais dun total de 37 concellos, tanto no marco da nova liña de axudas extraordinaria, dotada con 1,3 millóns de euros, como á das axudas básicas de emerxencia.

Areeiro retomará a vindeira semana as visitas aos cultivos da provincia pero con redución do número de fincas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, está a manter a súa actividade esencial de servizo ao sector agroforestal da provincia, aínda que coas consecuentes medidas e protocolos de protección derivadas do estado de alarma decretado polo COVID-19. Así, entre ás medidas adoptadas na actividade da estación deixáronse de recoller mostras de xeito presencial, e tampouco os propios agricultores e agricultoras están acudindo ao centro, de xeito que soamente se da entrada ás mostras que chegan por paquetería.

A Deputación habilita a liña 2 do Plan Concellos para facilitar novos recursos na loita contra o virus

A Deputación de Pontevedra vén de remitir unha carta aos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan Concellos para informalos da habilitación da liña 2 do Plan 2020, dedicada a amortizacións, gasto corrente e actividades, para facilitar o destino dos seus recursos á loita contra o coronavirus. Deste xeito, a institución provincial pon a disposición dos municipios ata máis de tres millóns de euros para que os concellos teñan a posibilidade de dispoñer de maior liquidez a fin de dar resposta ás necesidades da súa veciñanza nesta situación de crise sanitaria.

Carmela Silva salienta o “excelente traballo” do persoal do Príncipe Felipe para garantir a saúde das e dos menores

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou nunha nova xuntanza do Comité de Seguimento do COVID19, creado especificamente no Centro Príncipe Felipe para deseñar as...

O PSOE cualifica de “vergoñento” o envío da Xunta de material de autoprotección aos concellos

"Ridículo, vergoñento e insultante" son algúns dos cualificativos cos que o PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra cualificou o envío de material de autoprotección para os concellos da provincia de Pontevedra, realizado onte “a bombo e platillo” pola Xunta de Galicia.