A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunicou hoxe á Corporación provincial, no primeiro pleno telemático da súa historia, que convocará aos alcaldes e alcaldesas da provincia a fin de “avaliar cos concellos a situación que están a vivir e as consecuencias da crise sanitaria xerada polo Covid19”. Silva confirmou que o vindeiro mércores, 29 de abril, manterá unha primeira reunión cos alcaldes e alcaldesas dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes.
Despois das recomendacións desta semana sobre as viñas, a Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario relativo a diferentes froiteiras e plantas hortícolas. Principalmente os avisos e recomendacións que traslada a institución provincial, afectan a kiwis, maceiras, marmeleiros, froiteiras de óso, cítricos, plantas de horta, buxos e camelias.
Novo recoñecemento internacional, e xa van tres, para a campaña “Fame de experiencias” coa que a Deputación de Pontevedra promoveu en 2019 o destino Pontevedra Provincia. O audiovisual, producido pola empresa Esmerarte, vén de alzarse coa medalla de prata nos TV&Film Awards Festivals de New York.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presidiu hoxe unha nova xuntanza do Comité de Seguimento do COVID19 no Príncipe Felipe, no que a preparación da medida anunciada polo Goberno de España para permitir as saídas controladas dos e das menores de 14 anos foi o asunto principal. Con esa previsión, Silva encargou a elaboración dun Protocolo específico para regular, ao detalle, o xeito en que se van efectuar eses paseos por parte das nenas e nenos do Centro.
O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas coan Discapacidade (COGAMI) atendeu a un total de 3.356 persoas con discapacidade dende o 16 de marzo, o primeiro día no que pecharon todas as oficinas situadas nas sete cidades galegas e puxo en marcha o teletraballo, tralo establecemento do estado de alarma.
Catorce dos concellos adheridos ao Plan Revitaliza recibirán de maneira inmediata subvencións da Deputación para contratar quince mestres e mestras composteiras que se farán cargo dos centros de compostaxe e do control dos composteiros individuais de cada municipio. Este venres a Xunta de Goberno aprobará a axuda económica para este exercicio, que ascende a preto de 300.000 euros, e supón o 100% do salario para os oito meses que restan do ano
O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra realizou máis de 700 actuacións e rexistrou preto de 20 novas altas dende o comezo do Estado de Alarma. Trátase dun servizo máis esencial que nunca e que se viu reforzado, debido á situación derivada polo Covid-19, para prestarlle especial atención ás máis de 650 persoas beneficiarias de 46 concellos da provincia.
A Deputación de Pontevedra inicia esta fin de semana as actividades coas que conmemorará este ano a celebración do Día Internacional do Libro, que se celebra o vindeiro día 23. Una especial efeméride que este ano será distinta polas circunstancias excepcionais derivadas do COVID-19 e que, como destaca a presidenta Carmela Silva, “reforzan a necesidade de compartir cultura, de sentirnos parte dun todo.
A Deputación de Pontevedra, trasladou nas últimas horas ás entidades financeiras a súa solicitude de que axilicen ao máximo a resposta administrativa e de xestión para garantir rapidez a todas as solucións que poidan destinar aos sectores produtivos, “a fin de que a saída da crise sexa o menos gravosa posible para empresas e familias”.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva ofreceru hoxe unha rolda de prensa, –a primeira que se fai en formato telemático–, para dar conta das actuacións que o organismo provincial puxo en marcha dende o inicio da crise sanitaria para axudar tanto aos concellos coma aos sectores produtivos.
A igualdade é un dos eixos prioritarios do goberno da Deputación de Pontevedra, establecéndose como política transversal que vertebra a acción da institución provincial. Deste xeito, vén de inxectar 320.000 € á cobertura de plans e iniciativas de igualdade, así como programas de loita contra a violencia machista que impulsaron concellos e entidades da provincia. Máis polo miúdo 220.000 euros foron dirixidos a 42 concellos de menos de 20.000 habitantes e 100.000 euros a 21 entidades.
Tan só días despois do rescate da cadela Lara e os seus sete cachorros dunha situación extrema en Crecente, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra realizou dúas intervencións para salvar dun tráxico final a outros nove cachorros abandonados en dous concellos da comarca do Deza.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.