Sábado, 10 Maio de 2025

É Noticia

A Xunta presenta a empresariado e sindicatos o Plan de Reactivación e Dinamización para relanzar a actividade económica

A Xunta de Galicia presentoulle onte a responsables da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e dos sindicatos UGT e CC.OO. o Plan de Reactivación e Dinamización de 2020, dotado con máis de 3.000 millóns de euros e que ten como obxectivo recuperar a actividade económica de Galicia, xerar emprego nos sectores máis golpeados pola covid-19 e fortalecer os servizos públicos.

Galicia Laica denuncia a vulneración de dereitos en materia de liberdade relixiosa durante o confinamento

A Asociación Europa laica-Galicia laica vén de denunciar diante da Administración educativa o que consideran "unha nova vulneración dos dereitos fundamentais das familias en materia de liberdade relixiosa". Se no tempo da escola presencial a relixión invadía os espazos comúns con Beléns e Festivais de Nadal ornados con panxoliñas católicas –afirma a asociación– "no tempo do confinamento e do ensino virtual igualmente os contidos relixiosos invaden o espazo común".

Areeiro aconsella tratar as viñas contra o mildio ante a previsión de choivas que favorecerán o avance do fungo

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que sinala que nos últimos días produciuse unha contención no desenvolvemento xeral do mildio nas viñas, favorecida polo tempo seco e con ventos do norte, pero o cambio na climatoloxía previsto para os vindeiros días, coa volta das choivas a partir de mañá xoves ou venres, favorecerá novamente a frutificación do fungo.

O Castelo de Soutomaior confírmase como “destino seguro” e avanza en excelencia

O Castelo de Soutomaior confírmase como un destino seguro, tras reabrir as súas portas o pasado martes, e avanza na aposta da Deputación de Pontevedra pola excelencia. A presidenta, Carmela Silva, supervisou hoxe todas as medidas de protección incluídas nos plans de continxencia que, de forma exhaustiva, garanten a seguridade e tranquilidade de visitantes e do persoal do Castelo.

Tui, Salceda, Arbo, Crecente, As Neves, O Porriño, Salvaterra e Mondariz acordan conxuntamente non abrir as piscinas este verán

Os Concellos de Salceda de Caselas, Arbo, Crecente, As Neves, Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño e Mondariz veñen de emitir un comunicado conxunto anunciando a non apertura das instalacións das piscinas municipais este verán como medida ante a pandemia da COVID 19.

SmartPeme pon en marcha esta vindeira semana outros sete obradoiros online

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta a segunda semana de xuño sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

O AECT Río Minho reivindica que abrir pasos na fronteira para persoas traballadoras “e máis urxente que a apertura xeral para o turismo”

O AECT Rio Minho, a través do seu director Uxío Benítez, reivindicou hoxe novamente que a apertura de pasos na fronteira con Portugal para as persoas traballadoras transfronteirizas “é máis urxente que a apertura xeral para o turismo”. O nacionalista foi así de contundente logo do anuncio e corrección por parte do goberno central do adianto da data de autorización de fluxos de turistas vía terrestre entre España e Portugal.

Os alcaldes da ‘raia’ protagonizan a primeira protesta conxunta pedindo solucións á circulación de traballadores transfronteirizos

Alcaldes e alcaldesas dos 12 municipios portugueses e galegos bañados polo Miño reivindicaron, esta mañá, a reapertura de máis puntos de paso entre Portugal e España nesta zona fronteiriza para aminorar as moitas dificultades vividas por miles de traballadores transfronteirizos. As e os rexedores locais pediron tamén a apertura gradual das fronteiras para salvar unha economía transfronteiriza “que está a morrer”.

Os concellos da ‘raia’ pasan á acción. Os 13 concellos fronteirizos realizarán unha protesta conxunta para pedir a apertura dos pasos fronteirizos

Era inevitable pola indignación acumulada na ‘raia’ e aconteceu. Os alcaldes e alcaldesas dos doce concellos do Miño na provincia e no norte de Portugal (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente, Caminha, Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço) acordaron pasar á acción e realizarán esta semana a súa primeira protesta simbólica conxunta para reclamar a “imprescindible” e “urxente” apertura dos pasos na fronteira.

Positivismo, alegría e cor marcan os debuxos da infancia da provincia no concurso ‘O que ves desde a túa xanela’

O concurso de debuxo infantil online 'O que ves desde a túa xanela', convocado pola Deputación de Pontevedra nos días do confinamento, xa ten dúas gañadoras e dous gañadores. O xurado do certame –co que a institución animou ás rapazas e rapaces da provincia a debuxar as paisaxes que viron desde as súas fiestras ou balcóns durante o illamento, así como aqueles lugares da provincia aos que lles gustaría volver– elixiu hoxe os traballos vencedores nas tres categorías do concurso.

A Deputación abre hoxe o prazo de solicitudes para os IV Premios Provinciais á Xuventude

A Deputación de Pontevedra abriu este luns 1 de xuño o prazo de solicitudes para participar na IV edición dos Premios Provinciais á Xuventude, que este ano teñen unha dotación económica de 32.000 euros, o que supón un incremento dun 45 % respecto o ano pasado. O prazo manterase aberto ata o 31 de agosto e as persoas interesadas en participar poden preinscribirse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica.

Unha empresa asentada na Zona Franca presenta unha unidade móvil de esterilización anti COVID-19

O delegado David Regades asistiu esta mañá á presentación da unidade patentada por SafetyWay, empresa asentada na Zona Franca de Vigo, que reduce nun 99,99 % os patógenos en todo tipo de superficies, internas e externas, mesmo en dispositivos electrónicos e todo tipo de artigos susceptibles de ser contaminados polo SARS-CoV-2 (COVID-19).