A cuarta sesión do I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos, que a Deputación de Pontevedra organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias para achegar a ciencia á sociedade, abordará este xoves 5 de novembro diversas cuestións relacionadas coa Intelixencia Artificial.
A Xunta de Galicia porá en marcha nos vindeiros días, unha unidade específica para atender aos centros escolares no seo da Central de Seguimento de Contactos (CSC). Unha iniciativa, froito da intensa colaboración entre os departamentos de Sanidade e Educación co obxectivo de facer un seguimento da covid-19 máis axustada á realidade educativa e para reforzar, aínda máis, a seguridade sanitaria nos centros.
O eurodeputado socialista Nicolás González Casares preguntou á Comisión Europea pola legalidade das axudas, por valor duns 620 millóns de euros que, segundo informacións publicadas pola prensa, destinaron Alemaña e Holanda á industria da construción naval dentro dos seus programas para facer fronte á pandemia da Covid-19.
A Xunta de Galicia, a empresa Hijos de Carlos Albo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca asinaron esta mañá as escrituras polas que se formaliza a adxudicación de tres parcelas na Plataforma Loxístico Empresarial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) á firma conserveira.
Coa saída de “Noa”, “Tula”, “Toba”, “Morito” e “Coba”, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar o seu récord anual de adopcións acadado o pasado 2019, cando aínda faltan dous meses para que remate este ano. Cun total de 467 cans e cadelas que atoparon un fogar nestes dez meses, a cifra deste 2020 cobra aínda maior relevo pola situación da pandemia, que obrigou a suspender estes procesos entre marzo e maio co estado de alarma.
“Se hai algo que é realmente universal é a igualdade, non hai outro valor máis fundamental”. Con estas palabras, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, a deputada de Igualdade, Victoria Alonso e a directora da área de Igualdade da Uvigo, Águeda González, presentou hoxe a nova web da Cátedra Feminismos 4.0, www.catedrafeminismos.gal “un espazo moi importante que permitirá vertebrar todos os proxectos desenvoltos ao redor desta iniciativa”.
A escalada da Covid-19 en Galicia, reflexo do que acontece en todo o Estado, fai que a sombra dun novo confinamento déixese xa mirar no horizonte. De feito, o Goberno da nación está a traballar no borrador dun segundo confinamento que se podería facer público esta vindeira fin de semana.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, subliñou hoxe o alto cumprimento das normas sanitarias na Comunidade, con apenas un 1,5% de propostas de sanción desde o venres. Fíxoo tras a reunión do Centro de Coordinación galego, no que participan os mandos policiais e de Protección Civil.
COGAMI, a través da campaña lanzada este ano 12 Chaves da Inclusión polo seu trinta aniversario, dedica o mes de novembro para reclamar dereitos para as nenas, nenos e adolescentes con discapacidade.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan de ensino virtual ante a covid-19, unha folla de ruta para blindar os valores que sistema educativo galego, como son a calidade e a equidade. O plan recolle un conxunto de actuacións elaboradas en base a criterios pedagóxicos, didácticos e metodolóxicos que permitirá continuar coa formación do alumnado nos casos nos que sexa preciso pasar ao escenario de educación non presencial por hipotéticos confinamentos.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións, en concorrencia competitiva, que permitirán a entidades de 14 concellos desenvolver actividades de carácter turístico na provincia de Pontevedra. Estas axudas, ás que este ano a institución destina 95.000 euros, teñen como obxectivo colaborar co fomento do turismo e a profesionalización do sector, así como promover a realización de accións con repercusión turística provincial.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.