O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta semana a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia e 'Renfe Viajeros' para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no marco da Semana das Letras Galegas que este ano, de xeito excepcional, se está a celebrar en outubro. Así, a través desta iniciativa os repousacabezas de 13 trens de alta velocidade do corredor atlántico A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo e do corredor Avant A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense lucirán a imaxe da campaña institucional durante un mes.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre plan de márketing e fotografías para a campaña de Nadal, debuxo con Onshape, email márketing e e-commerce.
A recoñecida escritora galega Inma López Silva impartirá desde este luns 2 de novembro dous novos cursos da Escola de Letras que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha xunto á Editorial Galaxia. Trátase de dous obradoiros literarios, un de iniciación, e outro de perfeccionamento que terán oito sesións cada un deles entre novembro e decembro. As súas prazas están esgotadas e se celebrarán en formato telemático ante a actual situación derivada da pandemia da Covid-19.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a relación dos centros premiados no II Concurso de Podcasts-Radio na Biblio, que acadaron...
O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luís Álvarez, vén de solicitar a dotación universal de máscaras para o alumnado galego. O Parlamento aprobou onte a iniciativa socialista que urxe ao goberno galego a regular os criterios de reparto das máscaras hixiénicas entre alumnado en situación de vulnerabilidade co obxectivo de “evitar desigualdades”.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu hoxe a Feijóo a que compareza no Parlamento para explicar “a improvisación” de anunciar un peche urxente de todas as cidades de Galicia tan só un día despois de rexeitar o peche perimetral da comunidade, a diferencia do que están facendo a maioría de comunidades autónomas.
A Deputación de Pontevedra dá un paso máis no seu total compromiso coas persoas ostomizadas coa posta en marcha do primeiro aseo adaptado, radicado no Edificio Administrativo, e confirma o inicio dos traballos para a instalación doutros servizos accesibles na sede provincial en Vigo e no Sexto Edificio do Museo.
A Xunta de Galicia vén de decretar o peche perimetral dos grandes núcleos urbanos da comunidade autónoma nun intento de frear a escalada de contaxios pola covid que, no día de hoxe sitúanse nbos 8,363 casos activos que se incrementa, día a día, de xeito exponencial.
Grazas a unha orixinal 'viaxe no tempo', a xeración da 'Revista Nós' que veu a luz no 1920 e a actual xeración da cultura galega, uníronse esta tarde no especialísimo encontro propiciado pola Deputación para celebrar o centenario da emblemática publicación cuxa creación se xestou en Pontevedra. Con '1920 Nós, 2020 Nós-Outr@s', a institución xuntou no escenario teatro, arte e conversa para poñer en valor o papel das mulleres daquela xeración, que marcou un punto de inflexión na historia cultural galega.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recibiu hoxe no Pazo Provincial a Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres de Tui, e transmitiulle a felicitación da institución polo premio Escola do Ano da Fundación Princesa de Girona, que acaba de recibir o centro polo seu carácter innovador e a súa dinamización da contorna rural. Precisamente, unha das accións que valorou o xurado destes premios foi a iniciativa dos Calendarios Competenciais para Infantil e Primaria, impulsados por esta docente, que a Deputación elabora desde o 2016 e reparte nos centros escolares da provincia.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe que o goberno presidido por Pedro Sánchez “cumpre cunha demanda histórica de Galicia” ao destinar máis de 63,2 millóns de euros a bonificacións e rebaixas na AP-9 a través dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021.
A Deputación de Pontevedra e a editorial Alvarellos lanzan un libro pioneiro sobre a historia do Castelo de Soutomaior, dende a súa orixe ata a actualidade, que xa está á venda en librerías de Galicia, Madrid e Barcelona e que pode consultarse en galego, castelán e inglés. “O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias”, do historiador e arqueólogo Diego Piay, presenta documentos, planos, fotos e imaxes inéditas e descoñecidas ata a data, e inclúe na contraportada un gravado de Carmen Babiano Méndez-Núñez.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.