O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa sobre a actualización de medidas para fin de ano establecidas polo Comité clínico, logo da xuntanza que tivo lugar onte.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu onte a reunión do Centro de Coordinación Operativa (CECOR) da provincia. Na reunión deuse conta que, dende o pasado 22 de decembro, controlaronse un total de 6.000 persoas e 2.853 vehículos con tan só 331 propostas de sanción, pouco máis do 5 % do total.
A Deputación de Pontevedra non quere que a provincia quede atrás na carreira que xa ten comezado para captar fondos estatais e europeos para o desenvolvemento do “turismo do futuro”. Despois de aprobar o pasado mes de agosto o Plan de Sostibilidade para o xeodestino Rías Baixas, dá agora un novo paso para sumar ao interior da provincia ao cambio de paradigma que está a vivir o turismo.
O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, suavizar as medidas restritivas nos concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade. Igualmente, o comité acordou que Redondela pase ao nivel medio alto, deixando polo tanto o nivel máximo no que estaba ata o de agora.
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de activar a nova quenda de obradoiros duais de emprego na provincia de Pontevedra, que contará con ata 14 destas actividades, coa posta en marcha da iniciativa laboral Coidar de Nós III, que formará a vinte desempregados dos concellos de Ponteareas e As Neves grazas a un investimento de 346.946 €.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas en máis de 600 quilómetros de estradas autonómicas de Galicia.
Esta intervención, que se enmarca no Plan de Seguridade Viaria da Xunta, contou cun investimento superior aos 180.000 euros.
Os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán desde este luns un total de 54.000 novas máscaras cirúrxicas nun operativo coordinado pola Deputación de Pontevedra no marco do acordo de colaboración institucional coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para facer chegar o material de protección aos colectivos máis vulnerables. As máscaras repártense con criterios obxectivos en función da poboación, como se vén facendo dende o comezo da pandemia.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron hoxe na sede da Delegación o libro Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós impulsado polo Goberno galego en colaboración co Seminario de Estudos Galegos.
ADEGA achega unha serie de consellos para que este Nadal sexa máis ecolóxico ca nunca, por iso, publican un manual "Por un Nadal máis verde" de Fogares Verdes, onde veñen todos os consellos ampliados.
Gozar da maxia do teatro sen moverse de casa. Esa é a proposta que a Deputación de Pontevedra ofrece durante estas festas do Nadal coas funcións virtuais do programa “Prendendo Butacas na Casa”, que arrancan este xoves, día de Noiteboa, e se prolongarán ata o domingo 3 de xaneiro.
A Consellería de Sanidade vén de actualizar a listaxe de territorios con rexistro obrigatoiro para os viaxeiros que cheguen a Galicia nas vindeiras datas.
Ao berro de “Traio castañas asadas para os nenos e nenas que comen san!” o Apalpador, o seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor iniciarán mañá na Illa de Arousa, Cambados e Barro a súa xira de Nadal pola provincia da man da Deputación de Pontevedra.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.