Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 112 dispositivos en 44 concellos galegos , no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola Covid-19, nos que foron tramitadas un total de 38 denuncias.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre hoxe o prazo de reserva de praza para o alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa).
A Deputación de Pontevedra ven de pechar a V edición do programa DepoRúARTE, o programa de arte urbano que a institución desenvolve cos centros educativos da provincia, coa finalidade de levar a cabo actividades coas que reforzar a conciencia pública do colectivo xuvenil e que cada edición involucra a centos de estudantes.
A Xunta está a mobilizar desde a madrugada do xoves un dispositivo que inclúe máis de 20 equipos quitaneves e o estendido de máis de 1.000 toneladas de sal e 710.000 litros de salmoira para garantir a seguridade nas estradas autonómicas por mor do temporal activo.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
O programa 'Prendendo butacas na casa', co que a Deputación quixo achegar este Nadal o teatro a todos os fogares da provincia, pechou o pano o pasado domingo 3 de xaneiro cun excepcional respaldo por parte do público. Deste xeito, as funcións virtuais que a institución provincial ofreceu a través da súa web foron seguidas por máis de dúas mil persoas ao longo destas festas.
O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de urxir á Xunta, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento, a intensificar a campaña de vacinación da covid. Torrado propuxo vacinar en todas as franxas horarias de días dispoñibles, así como reforzar o cadro de persoal de profesionais sanitarios, especialmente o de enfermaría.
O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o desenvolvemento das actividades de formación do programa 'Tic Emprendes', iniciativa de emprendemento cofinanciada polo Fondo Social Europeo cun orzamento de máis de 700.000 euros, destinada ás persoas mozas, de entre 16 e 30 anos, dos concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.
“Que o ‘Álbum Nós’ quede no Museo é unha boa noticia para o Museo, é unha boa noticia para Pontevedra, e é unha boa noticia para Galiza”. Así o indicou hoxe o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, quen desvelou as condicións da compra da obra de Castelao logo de manter o pacto de confidencialidade cos propietarios ata formalizar onte a operación en Xunta de Goberno: O Museo de Pontevedra vai incorporar o ‘Álbum Nós’ de Castelao aos seus fondos grazas a un acordo coa familia Lino por 650.000 euros.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou onte no acto de conmemoración do 60º aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, obra mestra de Xosé Neira Vilas
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance en rolda de prensa “de 3 programas pensados para garantir servizos e dereitos nos concellos”: o Plan Concellos 2020, o Plan de Reequilibrio e o Plan DepoRemse, plans que mobilizaron ata 68 millóns de euros nos municipios da provincia. Estes dous últimos programas, que suman 26 millóns, están practicamente rematados e avanzando a bo ritmo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.