21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaNovo paso do programa 'Tic Emprendes' para promover a formación e loitar...

    Novo paso do programa ‘Tic Emprendes’ para promover a formación e loitar contra a despoboación

    A Deputación adxudica as actividades formativas do programa de emprendemento destinado á xuventude dos concellos con menos poboación da provincia

    O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o desenvolvemento das actividades de formación do programa ‘Tic Emprendes’, iniciativa de emprendemento cofinanciada polo Fondo Social Europeo cun orzamento de máis de 700.000 euros, destinada ás persoas mozas, de entre 16 e 30 anos, dos concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.

    O programa, que consta de 26 accións enmarcadas en 11 itinerarios formativos, busca fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara o emprego e loitar contra o despoboamento propoñendo alternativas que fixen a xente moza nas zonas con maiores problemas demográficos. En cada itinerario ofrécese formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a busca de emprego, e asesoramento para a creación da propia empresa.

    En concreto, ‘Tic Emprendes’ centrarase nos 31 municipios de Pontevedra que contan cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes ou, no seu defecto, entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo negativo na última década. Son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

    As interesadas e interesados poden solicitar máis información no enderezo de correo electrónico ticemprendes@depo.gal

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.