11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme inicia 2021 pondo en marcha esta semana cinco obradoiros online

    SmartPeme inicia 2021 pondo en marcha esta semana cinco obradoiros online

    Ata o 15 de xaneiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre márketing de contidos, comercialización en liña de experiencias gastronómicas, marketplace, impresión 3D e estratexia de palabras chave

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre impresión 3D, comercialización en liña e diversas estratexias para lograr diferenciarse da competencia, como o márketing de contidos ou as palabras chave.

    En concreto, este martes 12 impartirase o obradoiro “Márketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia”, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas.

    O mércores 13 será a quenda de “Comercialización en liña de experiencias gastronómicas”, neste caso o obradoiro será impartido por Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas. Pola tarde terá lugar a intervención de María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, quen falará sobre “Cómo vender os teus produtos nun marketplace”. Pola súa banda, o xoves 14, terá lugar “Impresión 3D – Introdución”, impartido polo experto universitario en Robótica Manuel Freire. Finalmente, o venres 15, o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández, impartirá “Estratexia de palabras chave para posicionar o teu negocio en liña”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.