12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Policía Autonómica identificou esta fin de semana máis de 1.100 persoas...

    A Policía Autonómica identificou esta fin de semana máis de 1.100 persoas nos controis de medidas ante a Covid-19 en Galicia

    Leváronse a cabo 112 dispositivos que tiveron como resultado 38 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da Covid-19

    Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 112 dispositivos en 44 concellos galegos , no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola Covid-19, nos que foron tramitadas un total de 38 denuncias.

    Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron na provincia de Pontevedra, os 22 dispositivos levados a cabo do 8 ao 10 de xaneiro en Baiona, Bueu, Cambados, O Grove, Marín, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Redondela e Vigo, con 544 persoas identificadas.

    Na provincia de Lugo, identificáronse 9 persoas en 13 dispositivos levados a cabo nos concellos de Castro de Rei, Friol, Lugo e A Pobra do Brollón. No caso de Ourense, rexistráronse 425 identificacións e 3 denuncias en 40 operativos nos municipios de Allariz, A Arnoia, Barbadás, Beariz, Carballeda de Avia, O Carballiño, Coles, Entrimo, Gomesende, Maside, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Ramirás, Verín, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia.

    E na provincia de Pontevedra, os 22 dispositivos levados a cabo do 8 ao 10 de xaneiro en Baiona, Bueu, Cambados, O Grove, Marín, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Redondela e Vigo, con 544 persoas identificadas.

    Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

    Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS