Domingo, 6 Xullo de 2025

É Noticia

Trece mozas e mozos da provincia completarán a súa formación no estranxeiro da man do programa da Deputación ‘Practicum Depo’

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos, de ata 90.332 euros, para que graduadas e graduados en ciclos medios de Formación Profesional, poidan realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas para facilitar a súa inserción profesional. Trátase da sétima mobilidade do programa Practicum Depo 2019, na que participarán 13 estudantes que se beneficiarán das axudas de estancia e viaxe da institución provincial para completar a súa formación en Portugal, Italia e Malta.

O Arquitecto Antonio Palacios, será o protagonista dunha gran exposición no Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia acollerá a partir do mes de setembro unha gran mostra sobre o legado e traxectoria do arquitecto Antonio...

Gonzalo Caballero afirma na clausura do congreso de Unións Agrarias que “apostar por Galicia é apostar polo noso rural”

O líder socialista defende que “os fondos da PAC teñen que ser para quen traballa a terra e non para os gandeiros de salón”

O ‘Revitaliza’ da Deputación modifica a súa ordenanza de compostaxe local para que os concellos “dean un salto adiante” na xestión de biorresiduos

O Revitaliza vai modificar no próximo pleno da Deputación a súa ordenanza de compostaxe local para que os concellos dean un “salto adiante” na xestión dos seus biorresiduos. Así o anunciou hoxe o vicepresidente César Mosquera, quen subliñou que con esta normativa e outras medidas en marcha, preténdese acelerar o tratamento da fracción orgánica na provincia.

Todos os concellos de Galicia, agás 9, sitúanse no nivel medio de restricións

Todos os concellos de Galicia sitúanse no nivel medio de restricións, agás A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela que quedan no nivel máximo e Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada que están no nivel alto.

Eurodeputados portugueses e galegos trasladarán ao Parlamento Europeo as reivindicacións de compensacións económicas polo peche fronteirizo

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Miño reuniu, este venres por videoconferencia, con cinco eurodeputados de Portugal e Galicia para presentar la dinámica da fronteira do Alto Miño/Galicia e dando a coñecer os impactos e as preocupacións subxacentes á restrición de libre circulación de persoas, provocada polo peche de fronteiras debido á pandemia Covid-19.

A Xunta convoca os exames ordinarios e extraordinarios de 2021 para o manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia.

Salvaterra pon a punto as instalacións do campo do Casal e do pavillón de Leirado cunha achega de 240.000 euros da Deputación

Salvaterra de Miño goza duns espazos deportivos renovados grazas a unha achega de preto de 240.000 euros da Deputación de Pontevedra. As obras realizadas ao abeiro do Plan Concellos permitiron a substitución da superficie de herba artificial do campo de fútbol de O Casal e a dotación dunha nova cancha deportiva de madeira no polideportivo de Leirado. Os deputados provinciais de Cooperación, Santos Héctor, e de Deportes, Gorka Gómez, supervisaron as actuacións xunto coa alcaldesa, Marta Valcárcel e o concelleiro de Deportes, Edgar Martínez.

Mosquera acusa al PP de estar detrás da violencia da ‘Ence borroka’ e advirte que iso só logra botar atrás as zonas dispostas a...

O vicepresidente Mosquera acusou hoxe directamente ao PP e a Ence de estar detrás da violencia da ‘Ence borroka’ que nos últimos días se materializou en Pontevedra. Advertiu de que as persoas traballadoras da pasteira son as principais perxudicadas polos incidentes, xa que o único que están conseguindo é botar atrás ás zonas dispostas a recibir o traslado da fábrica e manifestou a súa confianza en que unha vez Colmenares admitiu a mesa de negociación sobre o futuro de Ence, tanto a empresa como o PP manden parar os ataques.

A Deputación aproba unha liña de axudas por valor de 130.000€ para impulsar actividades turísticas na provincia

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe unha liña de axudas por 130.000 € dirixidas a entidades para impulsar actividades turísticas na provincia. Como novidade, as achegas discriminarán positivamente as iniciativas que contribúan á dinamización económica dos sectores máis afectados polas restricións derivadas da Covid-19.

Sanidade comeza a vacinación masiva das persoas entre 50 e 55 anos

A Consellería de Sanidade comezou onte vacinación das persoas entre 50 e 55 anos, cun plan piloto na Cidade da Cultura de Santiago con 1.000 persoas convocadas. Para maña está prevista a vacinación doutras 19.000 persoas.

A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar as axudas de formación dos profesionais do sector do transporte por estrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade abre hoxe venres o prazo para solicitar as axudas de formación dos profesionais do sector do transporte por estrada, que suporá un investimento de 400.000 euros.