18.3 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaTodos os concellos de Galicia, agás 9, sitúanse no nivel medio de...

    Todos os concellos de Galicia, agás 9, sitúanse no nivel medio de restricións

    Permanecen en nivel máximo A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela, mentres que Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada quedan no nivel alto

    Todos os concellos de Galicia sitúanse no nivel medio de restricións, agás A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela que quedan no nivel máximo e Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada que están no nivel alto.

    Así o anunciou onte o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ven de informar en rolda de prensa celebrada na Coruña, das conclusións ás que chegou o subcomité clínico, logo da xuntanza mantida esta mañá. Ademais concretou que os concellos de Bóveda, Castroverde, Carballeda de Avia, Coles, Leiro e Maside van estar en especial vixilancia.

    O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, acompañado por Cristina Pérez, xefa  territorial da Consellería de Sanidade na Coruña, e do xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, incidiu na situación preocupante da área sanitaria coruñesa, que aínda así mantén a súa actividade asistencial, realizando máis de 500 intervencións cirúrxicas nos últimos días.

    García Comesaña destacou, o elevado número de cribados que se están a levar a cabo na cidade, coas máis de 2.000 PCR realizadas onte ou co cribado específico de mostras de saliva procesadas por PCR ao que se vai convocar moi pronto a unha pare importante da poboación.

    O máximo responsable da sanidade pública galega anuncio así mesmo que, á maior brevidade posible, e en colaboración con AENA, comezarán a facerse tests de antíxenos no aeroporto de Alvedro aos viaxeiros que así o desexen. Posteriormente estas probas tamén se lles ofrecerán aos viaxeiros que cheguen por tren á Coruña.

    Continuando coas medidas que se van poñer en marcha na área sanitaria da Coruña e Cee, o conselleiro informou da participación das oficinas de farmacia da provincia da Coruña nas probas de detección por saliva da covid dende a semana que ven.

    Galicia continúa como primeira comunidade no número de probas

    Como ven sendo habitual, tamén participou na rolda de prensa a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. Segundo referiu, continúa o descenso da incidencia da covid, cunha diminución, na incidencia a sete días, do 19%, e do 29% de descenso a 14 días. Na actualidade, a incidencia acumulada a 7 días en Galicia sitúase en 35 casos por 100.000 habitantes e a 14 días en 83 casos por 100.000 habitantes.

    Durán Parrondo recordou que Galicia segue a ser a comunidade autónoma que máis probas diagnósticas está a realizar cun total de 3.365 por 100.000 habitantes respecto da media española que se sitúa nas 1.660. Nos sete primeiros días de marzo fíxeronse  un total de 93.545 probas, das que máis de 44.000 foron test de antíxenos.

    O xerente do Sergas, José Flores Arias, informou pola súa banda, que a ocupación das camas de hospitalización sitúase está nun 3,7% cunha caída do 16% nunha semana A ocupación das camas de críticos é do 14,2 %, cunha caída do 20% nunha semana. Subliñou tamén que o 061 recibe unha media de 2.700 chamadas diarias, da que aproximadamente un 10% están relacionadas coa covid-19.

    O membro do comité clínico, Pedro Rascado, quixo facer un chamamento ao cumprimento das medidas de seguridade básica incidindo de xeito especial nas vindeiras semanas. Segundo dixo, hai que continuar mantendo a prudencia no referido a mobilidade, restrinxíndoa ás situacións imprescindibles e reducindo na medida do posible as relacións sociais fóra do ámbito dos conviventes.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS