Coa participación da presidenta da Deputación, Carmela Silva e do Reitor da UVigo, Manuel Reigosa, o Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVIGO celebrou hoxe a súa primeira reunión, en formato virtual, da que saíu a súa declaración fundacional, un documento no que se plasman os seus obxectivos e eixes de actuación. Entre eles destaca a concreción de accións que transformen os espazos dixitais para que favorezan o acceso das mulleres.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar o primeiro aviso fitosanitario deste 2021, no que alerta sobre a necesidade de vixiar a bolboreta do buxo debido ás condicións favorables para a súa expansión. Neste senso, desde Areeiro sinalan que aínda que de momento na maior parte das zonas revisadas só se observaron algúns gromos afectados pola Cydalima perspectalis, advirten de que os ataques nesta especie poden ser explosivos baixo condicións favorables.
A Deputación de Pontevedra inicia o seu proxecto 'A importancia do traballo das mulleres mariscadoras en contornas da Rede Natura 2000' (DEPOMAR). Trátase dunha iniciativa que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
O peche dos pasos transfronteirizos, en vigor dende o pasado 31 de xaneiro e que se manterá aló menos ata despois de Semana Santa, supón un importante prexuízo para centos de persoas traballadoras que están a perder tempo e diñeiro diariamente ao non ter todos os pasos da fronteira abertos. Entre eles hai xa preto de 200 traballadores e traballadoras da zona transfronteiriza que se inscribiron no rexistro posto en marcha hai tan só 15 días pola AECT Río Miño onde salientan os custes económicos e de tempo pero tamén o “cansazo físico e psicolóxico” que lles produce esta situación.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe por videoconferencia desde Santiago de Compostela unha xornada sobre o proxecto europeo Xeración de emprego de calidade transfronteirizo (Gemcat) -liderado pola Xunta e no que participan institucións españolas e portuguesas- co convencemento de que o Diálogo Social transfronteirizo mellorará as condicións das persoas traballadoras en sectores clave para Galicia e Portugal.
A Xunta de Galicia vén de anunciar a suspensión cautelar da administración da vacina de AstraZeenca. Con esta medida o Goberno galego "segue así a indicación do Ministerio de Sanidade que ven de anunciar a súa suspensión por un principio de prudencia", sinala un comunicado da Xunta.
Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia volveu hoxe luns, 15 de marzo, a abrir as súas portas virtuais ao alumnado, xa que os primeiros obradoiros desenvolveranse de xeito telemático debido ás restricións derivadas da pandemia.
A Deputación de Pontevedra vén de publicar a segunda convocatoria dos premios “Reacción polo clima” que, dotados con 4.000 €, premiarán ás mellores pezas audiovisuais elaboradas por mozas e mozos da provincia, de entre 16 e 30 anos, centradas no cambio climático. Unha vez publicadas as bases hoxe no BOPPO, rapaces e rapazas poderán presentar desde este martes os seus proxectos para o que teñen de prazo ata o 16 de maio.
Preto de 120 persoas de entre 16 e 30 anos, a maioría delas mulleres (74), participan hoxe luns, 15 de marzo, nas primeiras seis actividades formativas do programa da Deputación “Tic Emprendes”, co que a institución provincial busca fomentar o emprendemento entre a xente máis nova dos concellos con menos habitantes da provincia a fin de frear o despoboamento.
Un total de 14.734 persoas recibiron o sábado a vacina da Covid-19, na que foi a primeira xornada de vacinación masiva na nosa comunidade e que tivo lugar simultáneamente nas sete áreas sanitarias de Galicia.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
Un ano máis a música galega e en galego chegará este ano a todos os recunchos da provincia a través do programa Musigal, impulsado pola Deputación para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego, así como fomentar a defensa da igualdade. Neste senso, a Xunta de Goberno aprobou a relación de actuacións que se levarán a cabo nos concellos da provincia, que suporá que 55 municipios de menos de 50.000 habitantes conten coa celebración de concertos a cargo de 26 agrupacións musicais diferentes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.