9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaTrece mozas e mozos da provincia completarán a súa formación no estranxeiro...

    Trece mozas e mozos da provincia completarán a súa formación no estranxeiro da man do programa da Deputación ‘Practicum Depo’

    O goberno provincial aproba achegas por case cen mil euros para sufragar gastos da estancia e viaxe das mozas e mozos que partirán en abril cara Portugal, Italia e Malta

    A Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos, de ata 90.332 euros, para que graduadas e graduados en ciclos medios de Formación Profesional, poidan realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas para facilitar a súa inserción profesional. Trátase da sétima mobilidade do programa Practicum Depo 2019, na que participarán 13 estudantes que se beneficiarán das axudas de estancia e viaxe da institución provincial para completar a súa formación en Portugal, Italia e Malta.

    Nesta nova modalidade do programa van participar alumnas e alumnos de centros educativos de Caldas, Gondomar, As Neves, Pontevedra e Silleda. Oito cursaron o ciclo medio de Actividades Físico Deportivas no Medio Natural, dous mozos Farmacia e Parafarmacia, unha moza Xestión Administrativa, outro mozo Preimpresión Dixital e outro Instalacións Eléctricas. En canto aos destinos, seis partirán cara Portugal, cinco cara Italia e dous a Malta onde estarán entre 125 e 180 días. Percibirán axudas que oscilan entre os 5.821 e os 8.272, dependendo da duración da estadía e do país ao que se dirixen.

    Ata o momento están a participar en Practicum Depo 2019 54 alumnas/os e docentes. Está previsto que sexan 102 as persoas que completen a súa formación no estranxeiro, polo que haberá dúas novas saídas cara países da Unión Europea que comezarán en xuño e en setembro. Xunto ao Practicum Depo 2019 está tamén en marcha o Practicum Depo 2020, no que xa están a participar 10 persoas das 121 que o farán ata maio de 2022.

    Dende a posta en marcha do programa Practicum Depo, no 2015, investíronse xa preto de cinco millóns de euros dos cales o SEPIE achega 4,18 millóns de € e a Deputación máis de 820.000 €. Ao longo destes anos 462 persoas, entre profesorado e alumnado, beneficiáronse desta iniciativa que está a permitir que mozas e mozos e docentes completen a súa formación en empresas e institucións da Unión Europea.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.