11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación aproba unha liña de axudas por valor de 130.000€ para...

    A Deputación aproba unha liña de axudas por valor de 130.000€ para impulsar actividades turísticas na provincia

    Este ano incentivaranse aquelas actividades que contribúan á dinamización económica dos sectores máis afectados polas restricións derivadas da Covid-19

    A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe unha liña de axudas por 130.000 € dirixidas a entidades para impulsar actividades turísticas na provincia. Como novidade, as achegas discriminarán positivamente as iniciativas que contribúan á dinamización económica dos sectores máis afectados polas restricións derivadas da Covid-19.  Neste eido, xa foron aprobadas en menos dun mes bases por valor de 330.000 € para impulsar o sector turístico da provincia xa que, a estes 130.000 € súmanse os 200.000 € aprobados o pasado mes para a contratación de persoal nas oficinas Info Rías Baixas.

    A Deputación fai un novo esforzo este ano incrementando a contía máxima das achegas que chegará ata os 5.500 € por entidade, 500 máis que o establecido o pasado ano. A través destas axudas búscase colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector.  Deste xeito, serán obxecto de subvención actividades que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2021 dirixidas a promover e estimular o sector turístico, a súa calidade, accesibilidade e sustentabilidade. Tamén aquelas que teñan que ver coa divulgación de recursos turísticos da provincia como poden ser a natureza, o medio ambiente e a paisaxe, as festas e tradicións populares, o patrimonio cultural e lingüístico, a gastronomía e enoturismo, a saúde, o benestar e o termalismo.

    Con esta liña de axudas o pasado ano a Deputación de Pontevedra subvencionou actividades como o Trofeo Conde de Gondomar do Club de Iates de Baiona, as visitas musicalizadas da Asociación de Xuventudes do Eixo Atlántico, as Xornadas de Difusión da Cultura da Mazá Ecolóxica da Asociación Mar de Compostela, o Curso de Biodiversidade e Emprego no Turismo da Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural ou a promoción da enogastronomía da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.