Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega (CDG), en colaboración coa CRTVG, así como empresas, administracións locais e varias editoriais celebrarán un amplo programa con ata medio cento de iniciativas presenciais e en liña que abranguen propostas no eido literario, expositivo, deportivo, promocional, musical e escénico, entre outros. Están dirixidas a todos os públicos de toda Galicia, e terán como acto central o propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio en Vigo.
A Deputación de Pontevedra vén de lanzar a terceira fase do Plan Móvese, dotada con 2,7 millóns de euros para impulsar ata 500 actuacións que van garantir a mobilidade e velocidade segura en tramos de estradas provinciais de 54 concellos da provincia. “Somos a provincia co plan máis ambicioso e potente de toda Galicia. Non hai ningunha outra provincia que teña un proxecto tan potente de actuación nas vías provinciais”, asegurou a presidenta Carmela Silva
Tras o lanzamento do rexistro online dirixido ás persoas da raia minhota afectadas polo peche de fronteiras entre Portugal e España, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño analizou as 200 testemuñas recollidas, de forma voluntaria, entre 2 e 18 de marzo, concluíndo que o perfil maioritario incide sobre o sexo feminino e con posto de traballo no sector industrial.
A voceira de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, vén de instar á Xunta a levar a cabo un “plan de rescate serio e ambicioso” para o sector da hostalería, xa que “as axudas son insuficientes, pouco áxiles e carecen dun criterio de reparto xusto e equitativo”. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través da presentación dunha proposición non de lei que será votada mañá.
Ante a impresionante acollida que están a ter as visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior para poder desfrutar dos históricos exemplares de camelias en flor, a Deputación de Pontevedra decidiu ampliar a realización das mesmas á Semana Santa. En concreto, será o sábado 3 e o domingo 4 de abril cando ás 12 horas comecen estes novos itinerarios, aínda que contan cun aforo limitado e reducido debido ás restricións da pandemia
Co gallo da celebración do Día Mundial do Teatro o próximo 27 de marzo, a Deputación de Pontevedra volve abrir o telón para sacar a acción escénica á rúa, con dúas funcións que se desenvolverán este venres 26 en Pontevedra e o sábado 27 en Vigo nos exteriores de ambas as dúas sedes.
O Concello de A Guarda dá un novo paso a prol da calidade urbana e a posta en valor do seu patrimonio coas obras de urbanización da rúa do Calvario, que veñen de rematar despois dun investimento de 122.000 euros da Deputación a través do Plan Concellos. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Antonio Lomba, percorreron hoxe esta vía que une o centro histórico coa capela da Nosa Señora da Guía e valoraron o resultado final. Estiveron acompañados da deputada Raquel Giráldez e os concelleiros Montserrat Magallanes e Miguel Español.
O aluvión de persoas interesadas en asistir ás clases da ‘Facultade Ágora’ sobre como mellorar o espazo público vén de obrigar á Deputación a aumentar a 200 o número de prazas disponibles e a prorrogar a preinscrición até este mércores.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou onte pola tarde, por videoconferencia, nunha nova xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, na que se acordou retomar a vacinación coa vacina de AstraZeneca, ampliando o grupo de idade ata os menores de 65 anos.
Muller e con traballao na industria. Ese é o perfil maioritario das persoas do Miño transfronteirizo afectadas polo peche da fronteira con Portugal segundo o análise realizado polo AECT Río Miño sobre o seu rexistro de persoas prexudicadas.
A Deputación de Pontevedra vén de coñecer que o audiovisual “Sigue o teu instinto”, producido por Esmerarte, foi elixido polo xurado internacional dos premios “The Golden City Gate”, que se entregan dende fai 21 anos en Berlín, como un dos mellores vídeos de ecoturismo do mundo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.