10.5 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación amplia á Semana Santa as visitas ás camelias en flor...

    A Deputación amplia á Semana Santa as visitas ás camelias en flor do ‘xardín de excelencia’ do Castelo de Soutomaior

    Ante a impresionante acollida que están a ter as visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior para poder desfrutar dos históricos exemplares de camelias en flor, a Deputación de Pontevedra decidiu ampliar a realización das mesmas á Semana Santa. En concreto, será o sábado 3 e o domingo 4 de abril cando ás 12 horas comecen estes novos itinerarios, aínda que contan cun aforo limitado e reducido debido ás restricións da pandemia

    Este é o terceiro ano consecutivo que a Deputación de Pontevedra pon en marcha este percorrido botánico, que xa ten esgotadas as entradas para esta fin de semana. Este ano o percorrido inclúe como novidade, ao abeiro da programación do 8M da Deputación, a visita ao Xardín de Camelia con nome de muller, o espazo creado no pasado ano 2020 coa plantación da primeira camelia María Vinyals, ecompletado logo coas variedades Rosalía de Castro, Bella Otero e Jane Andersen. As visitas tamén teñen unha parada na plantación de té de camelia existente nos Xardíns, coa explicación das diferentes variedades de té, a súa historia e os seus principais beneficios.

    Ademais, o Castelo de Soutomaior, distinguido co selo Observer de turismo científico, ofrece unha ampla variedade de posibilidades para pasar unha xornada diferente. Entre elas atópase o xogo Detectives do Castelo, unha proposta para o público familiar na que as persoas participantes deben demostrar as súas habilidades e descubrir as reviravoltas da fortaleza.

    As persoas interesadas poden adquirir as entradas a través do sitio web do Castelo, https://castelodesoutomaior.com. As visitas están guiadas por persoal especializado e celébranse sábado e domingo a partir das 12 horas, cunha hora e media de duración. O custe é de 1,5 € no caso da tarifa reducida e de 3 € a tarifa normal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.