Sábado, 10 Maio de 2025

Val Miñor

Concello de Nigrán e Asociación de Escolas de Surf colaboran na «Limpeza simultánea de praias»

O Concello de Nigrán súmase por terceiro ano consecutivo, e nesta ocasión coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, á novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Así, a praia de Patos formará parte, este sábado dende as 11:00 horas, da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá.

O Goberno de Nigrán pedirá no pleno a integración de POVISA no Sergas

O goberno municipal de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 28 de outubro que toda a corporación aprobe unha declaración institucional do Concello na que se pida a futura integración do Hospital Povisa na rede pública do SERGAS. O propio alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo esta semana un encontro con representantes dos traballadores, que se mostraron moi inquedos tras a venda deste centro sanitario a un grupo de EEUU.

Nigrán acolle unha charla de Inma López sobre a súa novela «Memorias de cidades sen luz»

Concello de Nigrán e Instituto de Estudios Miñoranos ofrecen mañá mércores ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla de Inma López sobre o seu libro 'Memorias de Cidades sen Luz', enmarcada na programación especial da 'Volta das Nove'.

Nigrán busca alternativa ao aparcadoiro da rúa Vilameán

O Concello de Nigrán tramita o expediente para poder alugar de xeito transparente unha nova finca céntrica que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán, onde a promotora propietaria da parcela iniciou hoxe as obras para construír 40 chalés pareados, polo que este espazo cedido de xeito gratuíto no 2013 está xa inoperativo.

Carla Andrade combina Nigrán e o Camiño en «Gravidade e Luz»

O Camiño é unha combinación de momentos e 'intersticios' e Nigrán é un dos moitos puntos xeográficos polos que se debe pasar para alcanzar a meta. Este proxecto pretende retratar esta etapa do Camiño de Santiago atendendo a esas peculiaridades inmanentes da cotiandade deste lugar.

Trasladada a urxencias unha veciña de Gondomar polas lesións provocadas por unha tarteira incendiada

Unha muller, veciña de Gondomar, precisou de asistencia médica debido ás lesións provocadas por incendio orixinado nunha tarteira esquecida no lume. Ademais das lapas, a estancia da casa encheuse de fume que chegou mesmo a estenderse á vivenda lindeira.

Nigrán estrea un novedoso sistema para substituir tubaxes sen necesidade de obra

Concello de Nigrán e FCC Aqualia, empresa concesionaria do abastecemento de auga no municipio, estrearon na contorna da Alameda de San Campio (A Ramallosa) un novidoso sistema de substitución de colectores coñecido como 'encamisado' mediante manga continua de fibra de vidro que racha co método tradicional de abrir gabias e evita calquera tipo de obra.

O «CPI Arquitecto Palacios» entrega aos servizos sociais de Nigrán 1.330 euros en vales de comida

Unha representación de alumnos e docentes do CPI Arquitecto Palacios de Panxón entregou onte ao alcalde de Nigrán 1.330 € en vales canxeables por comida para que os Servizos Sociais do Concello os distribúan entre as familias en dificultade.

O venres, última etapa de «Xacobeo Autismo. Un camiño de todos»

Concello de Nigrán e a Fundación Menela celebran este venres 11 de outubro a derradeira etapa do proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos’ no que usuarios da Fundación Menela concluirán a ruta xacobea pola costa cun acto no Auditorio Municipal. O Concello fai un chamamento á participación dos centros educativos e de toda a veciñanza en xeral para que se una a esta xornada.

Nigrán roza, subsidiariamente, unha finca de 8.000 metros cadrados

O Concello de Nigrán ven de desbrozar de maleza e de xeito subsidiario unha finca privada con dono desconocido situada ao carón da rúa José María Pérez Alonso (núcleo de Nigrán), a maior ata a data ao contar con 8.000 metros cadrados de superficie.

«Akuna Matata», David Bowie ou música de «Campeones», banda sonora da presentación do C.B. Nigrán

O Club Baloncesto Nigrán viviu onte sábado, no Pavillón Municipal de Panxón, unha xornada moi especial na festa de presentación de todos os seus equipos para esta nova e ilusionante tempada 2019/2020 na que o club de Nigrán terá representación en todas as categorías.

Nigrán celebra que a Xunta acepte as alegacións sobre a PO-552

O alcalde de Nigrán, Juan González, cualificou hoxe de "moi satisfactorio" o encontro mantido onte en Santiago coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, no que esta confirmou que as alegacións sobre a prioridade de manter os semáforos na contorna de Mallón (PO-552) foi aceptada, así como a de realizar un itinerario peonil seguro na zona da rotonda de Ureca ata a rúa Rans.