Luns, 10 Febreiro de 2025

Carla Andrade combina Nigrán e o Camiño en «Gravidade e Luz»

O proxecto, incluído no proxecto «Camiño A Dentro» da Deputación de Pontevedra, amosa unha visión única do municipio costeiro, paso obrigado para chegar a Santiago polo Camiño Portugués da Costa

O Camiño é unha combinación de momentos e ‘intersticios’ e Nigrán é un dos moitos puntos xeográficos polos que se debe pasar para alcanzar a meta. Este proxecto pretende retratar esta etapa do Camiño de Santiago atendendo a esas peculiaridades inmanentes da cotiandade deste lugar.

Con estes argumentos, Carla Andrade ofrece unha visión única no seu proxecto ‘Gravidade e Luz’ que se presentará a veciñanza, peregrinos e peregrinas que percorren a ruta xacobea e visitantes, o venres 18 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Nigrán.

[su_image_carousel source=”media: 7465,7466,7467″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A autora

Carla Andrade (Vigo, 1983) realizou residencias artísticas en Islandia, Suecia, Bilbao, A Rioxa, Nepal, Chile, Barcelona e París. Expuxo de forma individual no MAC da Coruña, na Cité Internationale des Arts de París, no Colegio de España en París, na Galería Trinta en Santiago de Compostela, no CDAN en Huesca, na Casa das Artes en Vigo e na Fundación BilbaoArte, entre outros.

Tamén amosou colectivamente o seu traballo en centros de arte contemporánea coma o Museo Guggenheim de Bilbao, a 12 Star Gallery na Europe House de Londres, o MARCO de Vigo, o 104 de París ou a Sala Amadís en Madrid.

A súa obra tamén estivo presente en festivais como o International Film Festival  (Rotterdam), PhotoEspaña (Madrid), Mois de la Photo (París), L’Alternativa (Barcelona), Porto/Post/Doc (O Porto) o Festival Internacional de Cine IBAFF (Murcia), Sangiò Verona Video Festival (Verona), aCinema (Milwaukee, EE. UU.), Filmadrid ou o (S8) (A Coruña).