No marco do programa Galicia destino seguro, a Xunta de Galicia escolleu esta semana a comarca de Vigo para dar continuidade á campaña itinerante de concienciación que durante todo o verán está promovendo un turismo seguro en distintos puntos de Galicia. O espazo informativo móbil estará mañá mércores e o xoves na cidade de Vigo na rúa Concepción Arenal na zona anexa á delegación da Xunta de Galicia. O venres estará en Nigrán, concretamente en Praia América, na desembocadura do río Muíños.
O concelleiro de Medio Rural, Iago Pereira procedeu hoxe Mércores 26 de Agosto ás 10 da mañá a inaugurar o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria (CCC) do Concello no entorno da escola infantil “A Galiña Azul” de Baiona.
O Concello de Baiona acolleu estes pasados días, o acto de entrega das dúas primeiras Cartas de Cidadanía, o coñecido popularmente como 'bautizo civil'. O concelleiro Óscar Martínez Álvarez foi o encargado, en nome do Concello, de darlles á nai e ao pai dos dous nenos mellizos, Lucas e Hugo, este documento que os acredita como novos veciños de Baiona.
A X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a 300 nadadores entre as cinco probas que se disputarán o 6 de setembro en Praia América. A travesía estará marcada por un estrito protocolo sanitario para garantir a seguridade dos participantes, voluntarios e público asistente. Contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de sete Comunidades autónomas e unha importante representación de nadadores portugueses con idades comprendidas entre os 5 e os 71 anos. Nesta edición, a participación de mulleres representa máis do 30% do total de nadadores, porcentaxe que foi aumentando nos últimos anos (26% en 2018 e 28% en 2019).
O Concello de Nigrán, a suxerencia das direccións e anpas de todos os centros educativos públicos do municipio, creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado nos colexios. Esta foi unha das propostas que xurdiron na reunión convocada pola Concellería de Educación o venres pasado no Salón de Plenos para analizar conxuntamente a aplicación do protocolo Covid-19 da Xunta nos colexios de Nigrán.
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continúa este venres ás 20:30 na Alameda de A Ramallosa e dentro do Valmiñor Fest (festival da cervexa artesanal) o programa 'A igualdade non é un conto', dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques.
Ante a preocupación amosada pola comunidade escolar de Baiona ante as dubidas que, dende o punto de vista da seguridade sanitaria, presenta o inicio do novo curso escolar, o 'Consello vén de constituír a Comisión de seguimento da COVID no Ensino' co obxectivo de analizar as distintas situacións que se vaian presentando e adoptar, en colaboración coas ANPAS e centros escolares, “as medidas que sexan precisas para garantir a saúde dos nosos nenos e nenas”.
A través da Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación de Veciños os integrantes de Milladoiro crearán a tarde do sábado o 'Bosque de Maeloc' reforestando 7.000 m2 con especies autóctonas e inaugurando un monumento
Manifesto Miñor (MM) vén de denunciar o "empeoramento do servizo de recollida de RSU, que afecta especialmente ás parroquias de Gondomar". A situación, segundo MM, dista moito do anunciado polo Goberno local logo da contratación da empresa FCC, por un importe de arredor dun millón de euros anuais e que prevía "unha mellora sen parangón do servizo, coa substitución de colectores, limpezas e desinfeccións constantes, unha mellora no funcionamento do punto limpo, etc".
As principais marcas de cervexa artesana de toda Galicia, unidas a unha de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar desde este xoves 20 ata o domingo 23 na Alameda de A Ramallosa a cuarta edición do ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival de toda a comarca adicado á súa degustación e na que estará presente a cervexa creada este verán pola empresa local Trisk-Ale baixo o nome ‘Nigrán, equilibrio natural’.
O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seu roteiro guiado este xoves polo sendeiro circular das Medoñas –entre Priegue e Camos– dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. Os interesados deben presentarse ás 10:00 do xoves 20 no Camiño do Monte, 21, en Priegue e, no caso de precisar intérprete de lingua de signos, deben solicitalo no mesmo mail de inscrición.
O Concello de Nigrán estreou esta semana no Pavillón Municipal durante o campus multideporte do Club Baloncesto Nigrán e Panxón-Nigrán Fútbol Sala unha cabina de desifección cedida para a ocasión pola empresa porriñesa Ramecq, fabricante da mesma. A cabina, instalada na entrada deste espazo municipal, permite que unha vez que se introduza nela a persoa se nebulice líquido desinfectante (auga ionizada), controle a temperatura e dispense xel hidroalcohólico, ademais de contar con alfombrilla especial para os zapatos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.